Artigos de Xosé Glez.

Premios Peña Novo 2018

Hai cento vintecinco anos que nacía en Vilalba o xurista e político máis sobranceiro do primeiro terzo do século XX. Estamos a falar de Lois Peña Novo, cofundador das Irmandades da Fala, que puxeron cabo a un período protagonizado pola reivindicación literaria. O novo movemento vaille coller o relevo cunhas intencións programáticas que abranxían a todos os sectores da sociedade, modernizando o seu discurso e integrándoo na coordenada dos movementos nacionalistas europeos.

A Irmandade Xurídica Galega fóra da burbulla

Chegado o Día das Letras Galegas escóitanse os recorrentes discursos de sempre: a culpa da perda de falantes é das institucións, e nomeadamente da Xunta de Galicia. Non vou ser eu quen a exima da súa alícota responsabilidade, porque a Lei de normalización lingüística ten mandatos expresos.

O tímido galeguismo das universidades

O día 9 de marzo de 1933, fai agora,xa que logo, oitenta e cinco anos, celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago un acto de especial significación dados os avoltos tempos que vivía daquela Galicia. Francisco Fernández del Riego, que entón era un alumno da Facultade de Dereito, presentaba ao profesor Álvaro de las Casas, que impartiría unha conferencia titulada “Verbas aos mozos galegos. O momento universitario”.

Treixadura

Asistín ao concerto de presentación do novo disco do grupo “Treixadura” e saín reafirmado, unha vez máis, na miña convicción de que é a agrupación que mellor representa a nosa tradición musical. Non hai moito afirmaba nunha colaboración publicada aquí que o milagro de Treixadura é facer bailar e cantar a nenos e maiores, transmitíndolles a forza emotiva do noso cancioneiro popular.

Precursores e discípulos da galeguización xurídica

Chegado o mes de novembro teremos a oportunidade para conmemorarmos o centenario da celebración da primeira asemblea nacionalista celebrada en Lugo que proclamou a soberanía estética de Galicia para poñer orde as construcións urbás e rurais.

Lingua de lei

O próximo 15 de xuño cumpriranse trinta e cinco anos da entrada en vigor da Lei de Normalización Lingüística de Galicia; unha norma fundamental para o fomento e normalización da lingua galega en todos os ámbitos, abranxendo ás institucións públicas e as decisións na esfera persoal.

Cada pedra ten o seu andar

Na arte de traballar as pedras os nosos canteiros botaban man da intelixencia, dos coñecementos empíricos e da imaxinación. Todos os tres medios conxugados facían do “arxina”, normalmente iletrado, un profesional competente capaz de crear fermosas obras de arte imperecedeiras.

Os que queren non poden e os que poden non queren

Velaí o dilema no que estamos atrapelados desde hai ben tempo. Para resolvelo debemos saír deste encerello admitindo que son moitos e diversos os axentes causantes desta parálise. Nada de aplicar razóns cartesianas e simplificadoras, porque a responsabilidade ao tempo que está xerarquiza, tamén moi repartida e non admite maniqueísmos.