Artigos de Xosé Glez.

Ceas de empresa, tamén en galego

Chega o tempo das ceas de empresa como limiar das festas do nadal. As expectativas de negocio para os restaurantes seica van ser óptimas. Non é de estrañar porque celebraranse por milleiros. Nelas o ambiente de camaradería irá acompañado de bos pratos, viños e licores. É unha boa ocasión para que os encargados de organizalas poñan a proba o seu criterio e o sentido común na escolla dos menús.

Sermos diferentes para sermos existentes

En 1895 o semanario “La Tierra Gallega”, editado en La Habana e dirixido por Manuel Curros Enríquez, adoitaba publicar un anuncio das marcas de viños: “Salto d´o Can”, “Enxebre” e “Vieira do Miño”. É de supoñer que a intención dos adegueiros era diferenciárense naquel mercado antillano doutros produtos pola singularidade lingüística que aportaban os seus nomes. Con aquela intención facían súa a máxima de hai que ser diferentes para facerse notar.

A memoria da linguaxe na paisaxe

A paisaxe galega atesoura unha rica memoria cultural e lingüística que definíu ao pobo que a habita. Cada anaco da súa terra: montañas e serras, fragas, soutos, carballeiras, ríos e rías, lameiros e veigas son escenarios con cadaseu nome, e todos eles evocadores do imaxinario popular. De aí que os seus habitantes mantivesen unha forte unión entre a lingua e a paisaxe; entre a cultura e os espazos xeográficos aos lles foi poñendo nomes para identificalos, alusivos ás súas peculiaridades ou propiedades naturais.

Miguel Ángel, un ourensán precursor da galeguización

A Deputación de Ourense concedeulle o premio Ourensanía a Miguel Ángel González “por ter sido,se cadra, o deportista ourensán que máis altas cotas de recoñecemento acadou no ámbito internacional que nunca esqueceu as súas raíces, que aínda hoxe reivindica dentro e fóra de Ourense”. Tales foron os méritos que o xurado considerou para tal distinción institucional.

Publicidade en galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, Parlamento de Galicia e Foro E. Peinador veñen de convocar a XXIV edición dos premios para fomentar o uso da lingua galega na publicidade. Concederanse catro premios, un por cada unhas das seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio, televisión, internet e prensa escrita. Así mesmo establécense dúas modalidades de premios para cada categoría, de xeito que, polos traballos que resulten galardoados, recibirán cadanseu premio tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade que desenvolveu técnicamente o traballo publicitario.

Fuco Pérez Sen Segundo, veciño de Gargamala

Cúmprese este ano o 55º aniversario da obra de Celso E.Ferreiro “Longa noite de pedra”, publicada en 1962. Un dos poemas que contén o libro titúlase “Romance incompleto” nel o autor relata a xeito de biografía a historia dun veciño da parroquia de Gargamala chamado Fuco Pérez Sen Segundo, posiblemente coetáneo do vate celanovés. O poema foi musicado por moitos cantautores. Nel debúllanse as miserias dun labrego desherdado, explotado, dos que non tiñan onde caer morto. E tanto debeu ser así que eu non dei coa súa tumba por moito que rebusquei no camposanto parroquial.Nin tan sequera atopei a ningún dos habitantes daquela parroquia de mortos ninguén que se apelidase Pérez.

Día da Patria Galega/ Día de Galicia, xornada de pedagoxía galeguizadora

Presenciei moitas veces a mesma escena, aínda que con distintos protagonistas. Rematada a manifestación para reclarmar protección gobernamental para o agro galego, ou reivindicar postos de traballo, grupos de manifestantes acuden aos bares levando debaixo do brazo bandeiras e pancartas para celebraren o éxito da convocatoria.

I +D + i + G

En certa ocasión fun levado a coñecer unha Escola de Negocios dunha entidade financieira. O seu director foime amosando as modernas instalación dotadas de todos os medios tecnolóxicos. Sentíase fachendoso porque cada aula levaba o nome dun coñecido economista. Pregunteille porque non había ningunha dedicada a un galego. Non soubo que contestarme. Pedínlle información sobre os cursos que se impartían na Escola e nos temarios editados cun lustroso deseño non atopei ningunha referencia á historia do pensamento económico galego.