Artigos de Xosé Glez.

Premios Peña Novo e xuíces honorarios do Couto Mixto

Teixeira de Pascoaes publicou no ano 1915 un libro titulado “A arte de ser portugués”, escrito para chamar aos seus compatriotas ao compromiso coa identidade. Nel afirma que ser portugués é unha arte de gran alcance nacional, e, por iso, ben digna de cultura, porque “o portugués participa da herdanza étnica, histórica ou tradicional, adquirindo así unha segunda vida que, por máis vasta, abrangue e domina a súa existencia de individuo”.Foi seguidor dunha filosofía que tivo moito predicamento na Europa do primeiro terzo do século XX. Tamén o galeguismo dese período histórico participou dela para rescatar os valores identitarios esmagados polos Estados. Otero Pedrayo foi un dos afervoados defensores dese pensamento.

Irmandade Xurídica Galega

A Xunta de Galicia distinguíu á Irmandade Xurídica Galega(IXUGA) co Premio da Cultura Galega 2017 polo labor realizado na galeguización dos espazos xurídicos. Aínda que o xurado non explicitou na acta os méritos, cómpre que relacionemos algúns, porque se algo se fixo neste ámbito, moito ou pouco, débeselle á Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNL), que dinamizou en solitario o proceso regaleguizador, e á IXUGA, que é unha sección daquela.

Homenaxe ao doutor Carlos Guitián

Manuel Herminio e Xosé Carballido , xunto con outros amigos de Amoeiro, son os encargados de organizaren a homenaxe ao doutor Carlos Guitián Rodríguez o próximo sábado en Ourense. Xusto o día que cumpre noventa anos. Unha boa data para louvarmos a biografía dun médico que é un referente na medicina galega. Pero tamén porque par desta entrega ao servizo dos demais no seu exercicio profesional, tamén simboliza unha actitude ética de compromiso coa causa galeguista.

Deica Mañá

Despois de trinta e oito anos de servizo no Concello de Redondela, a semana pasada xubileime. Pero só da actividade profesional, non da vocacional, na que seguirei activo ata que o corpo aguante. Carme P.Vaquero, infatigable compañeira e dinamizadora lingüística, organizou un acto de despedida ao que acudiron duascentas persoas amigas de todos os sectores profesionais implicados no colectivo Galeguizar Galicia.

Dobre nacionalidade para os veciños do Couto Mixto

Os habitantes dos pobos de Santiago, Rubiás e Meaus tiñan o privilexio de escolleren a nacionalidade portuguesa ou española. No día do casamento, os que querían ser portugueses bebían un copo de viño na honra do rei de Portugal e mandaban gravar na casa de morada un P (Portugal); os que preferían a nacionalidade española mandaban brindar polo monarca de España e gravaban un G (Galicia) na casa para onde ían vivir.

Xil Ríos, o trobador de Moaña

A corporación municipal moañesa acordou nomear Fillo Predilecto a Xil Ríos, distinción que lle será concedida o próximo venres no acto institucional que se celebrará na Casa do Concello. A proposta partíu da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) que axiña foi refrendada con entusiasmo por máis de corenta entidades culturais e un sector da cidadanía que tamén a respaldou, grazas ao traballo eficaz de Manolo Méndez.

Mudarnos os hábitos de consumo

As recentes declaracións dun partido político recoñecendo que durante moitos anos non puxeron abondo acento na política lingüística son moi ilustrativas. Porque admiten por primeira vez que a mala saúde da lingua galega non ten un único responsable; eles, na parte que lles toca, tamén o son. Durante moitas décadas as súas prácticas ignoraron os espazos inéditos de gran valor estratéxico.

Xosé Velo Mosquera, a paixón pola revolución

Hai cincuenta e cinco anos unha acción audaz protagonizada polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) secuestrara o paquebote “Santa Maria”, con oitocentas persoas a bordo entre pasaxe e tripulación, entre os que había moitos galegos. Os medios de comunicación agocharan as intencións políticas do secuestro, para chamar a atención da opinión pública mundial e condenar as dictaduras de Franco e Salazar, en España e Portugal.