Artigos de Xosé Glez.

Somos ou non somos

Abonda con prestarlle atención ao tráfico automobilístico das nosas estradas para decatármonos de que boa parte da publicidade comercial reproduce os topónimos, maiores e menores, dos lugares onden radican esas empresas deturpados. É tal o desleixo que nalgún casos resultan incomprensibles. Esta constatación evidencia a insensibilidade de boa parte do empresariado galego polo noso patrimonio cultural.

O exemplo da normalidade

Desde hai vintecinco anos o xulgado de A Fonsagrada vén realizando a súa actividade xurisdicional en lingua galega. Un período tan dilatado no tempo recoñécelle a consideración de experiencia piloto de galeguidade xudicial sen precedentes. Os seus protagonistas foron xuíces e funcionarios que prestaron durante este tempo os seus servizos na oficina xudicial. Comezou esta andaina no ano 1990 co xuíz Xoán Montes, continuada posteriormente polos sucesivos titulares: Alberto Benéitez Antón, que malia ser vasco axiña aprendeu a escribir e falar no noso idioma; Luís Villares Naveira e Eladio Prieto Bellas, que é o xuíz actual. Estes son os funcionarios e funcionarias que fixeron posible este modelo: Concepción Couso, Marisa Fernández Camiña, Antonio López Valledor, Ana.Ferreiro Paredes e Ángeles Pernas. Todos eles pertencentes á Irmandade Xurídica Galega.Parabéns polo seu labor.

Cando a empresa Castromil facía país

Nada é máis satisfactorio para o ser humano que sentirse dono dunha personalidade orixinal, forxada en actos singulares e protagonista do seu tempo, así como dunha utilidade que transcenda aos demais e asi mesmo. É pola orixinalidade dos nosos actos como perpetuamos a nosa memoria e contribuímos a crear referentes para a sociedade, que sempre precisou de modelos nos que se mirar, para construír o relato histórico da nosa identidade colectiva.

Cómprenos máis audacia

A vida está chea de xestos. Uns inútiles, caricaturescos, e outros cargados de simbolismo, imperecedeiros, que acaban sendo modelos a imitar. O xurista e diplomático galeguista, Lois Tobio, deixounos unha anécdota reveladora da súa rexa personalidade intelectual.

Un fiscal galeguista con auctoritas

Repaso a historia da institución do ministerio público en Galicia e non atopo na relación ningún titular que se distiguise pola proximidade aos problemas reais da sociedade, e moito menos coa sensibilidade ou curiosidade intelectual pola cultura e lingua do país. Neste, coma noutros ámbitos institucionais, arrastramos un déficit de galeguidade preocupante. Os que acceden a un posto de alta respondabilidade pública van servir cegamente ao partido que os nomeou, e de paso tirarlle proveito persoal. Máis nada.

Claudio Novilla, xuíz da liberdade

Castro Caldelas ten na súa historia dous fitos que a vencellan á lingua galega. Un é o Foral do Burgo da vila, primeiro documento notarial redactado en lingua galega de 1228, e o segundo, protagonizado por un xuíz caldelao, Claudio Movilla Álvarez, que é o autor da primeira sentenza da idade contemporánea publicada no noso idioma en 1985.

Polemizar ou polinizar

Con esta disxuntiva remataba a anterior colaboración publicada neste xornal dedicada á memoria da primeira sentenza en lingua galega despois de cinco séculos de proscrición oficial. Comentaba que aquel fito histórico conseguírase en 1985, sendo maxistrado relator da Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña o amigo Claudio Movilla Álvarez.

O sector da automoción podería ser motor da identidade

Segundo os datos estatísticos o sector da automoción en Galicia é un dos que máis postos de traballo ten creado. Estiman as cífras oficiais que poderían ser ao pé de trinta e tres mil traballadores e traballadoras, dos que seis mil e pico pertencen ao grupo PSA Peugeot-Citroên. Unha nómina considerable que á súa condición de traballadores/as une, indisociablemente, a de seren cidadáns aos que a Constitución e seu ordenamento xurídico lles recoñece dereitos. Dentro deles enmárcanse os lingüísticos. Pero, paradoxalmente, na súa condicións de traballadores limítanselles ou impídeselles eses dereitos.