Artigos de Xosé Glez.

Na Estrada, polo Dereito

Durante o tempo que don Fermín Bouza Brey exerceu a titularidade do xulgado do partido xudicial da Estrada non dictou ningunha sentenza en lingua galega.

Día da Patria Galega, o rito das arengas

Co gallo do Día da Patria Galega volvemos ao rito das arengas. Non hai mito sen rito. Nos tempos da IIª República a praza da Quintana compostelá foi o lugar no que se sucedían as intervencións dedicadas a exaltar a galeguidade.

Couto mixto, territoiro distinto

Amigo ou amiga lectora, se vostede non coñece aínda o Couto Mixto, a súa historia, territorio e paisaxe, visíteo agora aproveitando que a Asociación de Amigos do Couto Mixto celebra este sábado, día 9, na Igrexa de Santiago o acto de nomeamento dos Xuíces Honorarios.

Premios Peña Novo

O Castelo de Soutomaior volverá ser o escenario elixido para o acto de entrega dos Premios Peña Novo, que este ano fóronlles concedidos a Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da USC, Xosé Rodriguez Cruz, etnógrafo e funcionario do Corpo Nacional de Policía e ao Concello de Ames.

IV asamblea da Irmandade Xurídica Galega

Hai catro anos que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística creou a Irmandade Xurídica Galega.

A galeguización dos viños galegos

Na mesma estancia do pazo dos Ulloa (Esposende-Ribadavia) onde don Álvaro das Casas na década dos anos trinta do século pasado fundara a Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avia, entregaranse este sábado os PREMIOS BACELOS DE PRATA ás adegas de Alfredo Alvarado Pires e Elisa Collarte Fernández.

A lingua das festas populares

As festas populares constitúen un referente na vida social dos galegos. Forman espazos para a socialización da nosa cultura e lingua. Isto demóstrao o gran número de celebracións que se organizan durante todo o ano en aldeas e vilas. Calculamos que poden ser máis de sete mil; unhas, de carácter relixioso, e outras, cada vez máis numerosas, gastronómicas. Para a súa organización destínanse ao pé de 190 millóns de euros. Unha inmensa fortuna da que viven moitas persoas , nomeadamente as catrocentas orquestras que son as que levan a maior tallada. Esa astronómica cantidade de cartos financia espectáculos alleos á nosa idiosincrasia cultural. Con ese impacto da chamada “cultura da globalización”, que todo o uniformiza eliminando as singularidades, a programación das nosas festas culturais, contaminadas por esa perversa crenza de que o propio non ten valor fronte ao alleo, revestido sempre dun excesivo prestixio social, marxinan as nosas tradicións e lingua nos contidos das programacións. Teixeira de Pascoaes no seu libro “A arte de ser portugués” alertaba aos seus coetáneos dese perigo: “non hai maior erro que a pretendida substitución das cualidades propias por aquelas que admiramos nos outros pobos”. Ser existente é ser diferente, dixera o filósofo francés René Descartes, e que en Galicia divulgou Vicente Risco. As comisións de festas, parroquiais ou municipais, son as responsables destas desfeitas. Estamos a falar da corresponsabilidade que se estende a un amplo espectro ideolóxico que lle vira as costas aos nosos sinais de identidade. O patrimonio inmaterial, que sempre servirá para fomentar a cohesión social é reempranzado por modelos alleos que se escenifican repetitivamente aquí e acolá, por toda a xeografía galega. O desleixo demostrado polas comisións organizadoras das festas é de tal natureza que as súas consecuencias están a producir a marxinación dos elementos definitorios da nosa identidade. O exemplo máis evidente témolo na escasa utilización da lingua galega, por exemplo, nos repertorios das orquestras. Falamos moitas veces de aplicarlles unha política de cotas, como as que nos anos sesenta puxo en práctica o Ministerio de Información e Turismo do que era titular Fraga Iribarne; mediante un decreto obrigouselle á radiodifusión española a emitir un 25% da súa programación musical “en español” para poñerlle cancelas á invasión da música anglosaxona. Desde hai máis de quince anos vimos insistindo na proposta galeguizadora baixo o rubro das “Mil festas máis para a lingua galega”. O ano 2008 o 40% dos concellos galegos asinaron unha declaración que recollía as medidas seguintes:1) Utilización correcta dos topónimos; 2) Maior coidado da redacción da cartelería, seguindo as normas morfolóxicas oficiais da lingua galega; 3) Nos documentos contratuais asinados coas orquestras fixarase a obriga de interprentar unha porcentaxe do repertorio en lingua galega; 4) Conseguir a colaboración dos cregos para que os actos litúrxicos das festas incorporen a lingua galega; 5) Velar polo cumprimento da Lei de Símbolos de Galicia, evitando usos indebidos de bandeiras e a desigualdade numérica, incorporando tamén o Himno Galego nos actos centrais; e 6º) Exaltación dos valores patrimoniais e identitarios dos lugares de celebración da festa incorporándoos a súa programación. Despois do San Brais ábrese o período festivo do ciclo anual, e unha vez máis teimamos na necesidade de que os concellos e as comisións organizadoras de festas presten maior atención aos programas, incorporando neles o espírito e contidos anteriormente expresados na campaña das “Mil festas máis para a lingua galega”, que hoxe queremos reiterar.

No Instituto de Estudos Miñoranos

O Instituto de Estudos Miñoranos invitoume a participar nunha das súas tertulias. A experiencia gustoume; fíxome lembrar as actividades que celebrabamos na Asociación Cultural de Vigo hai ben anos, a mediados da década dos sesenta.