Artigos de Francisco Rodríguez

Do enredo á definición: a importancia da iniciativa política

Até hai pouco vivimos, no tocante ao futuro das nosas Caixas de Aforros, unha auténtica comedia de enredo. Agás o BNG, cunha opción clara desde o inicio do actual proceso, os demais permanecían nunha indefinición calculada. Parecían contentarse con que o paso do tempo fixese irreversíbel unha opción deseñada fóra, en Madrid, ao gosto do Banco de España, do bipartidismo español, dos directivos de FUNCAS, entre outros. Era un secreto a voces que o futuro de Caixa Galicia se vinculaba a Caixa Madrid e o de Caixa Nova a Caixa Astur e Caixa Murcia. Porén, o presidente da Xunta mantíñase no mutismo, na pasividade, á marxe, pretextando que unicamente o criterio de solvencia e a despolitización debían fundamentar o resultado. O PSOE disimulou mal as súas contradicións. Axiña, por boca de José Blanco, nunha desas visitas de ministro da Corte, sentenciou que a mellor galeguidade se expresa cando saímos fóra. Falando con realismo, cando nos pomos ao servizo de outros...

La,la,la...

Reavívase a obsesión do PP e tamén de grande parte do PSOE por reuperaren para a oficialidade institucional o acastrapado "La Coruña". A fartura, o cansanzo perante este conflito, que dura xa máis de 25 anos, parece ter asulagado a boa parte da sociedade coruñesa e provocado algunha indiferencia pasotil nalgúns sectores ben intencionados que consideran esta cuestión baladí, sen importancia. Certamente, outros non deixan de preocupárense e irritárense por esta contumacia tan mal intencionada...