Artigos de Manuel H. Iglesias

Franqueira como referente

Cun país orfo e ausente na escea política e nas institucións do Estado, pois non está nin se lle espera, un grupo de persoas representando forzas políticas, hoxe minoritarias do galeguismo e do nacionalismo, celebraron no campo santo onde repousa, un acto en lembranza de Eulóxio Gomez Franqueira ó cumprírense cen anos do seu nacemento.

Venezuela, Venezuela

Coa polémica que hai sobre o pais do caribe entre detractores dun réxime populista e ditatorial e os que o ven como unha revolución positiva e un modelo a seguir, véñenme á memoria lembranzas dunha conversa que hai uns anos mantiven cun parente da república Dominicana, e tamén das discusións cunha profesora na escola de Maxisterio de Ourense anos hai.

Placebos para unha tribu imaxinaria

Na tribu sen mar, onde o ir tirando é o futuro inmediato camiña con suma paciencia todo é posible. Os días pasan e aínda que os datos estadísticos son malos, moi malos, (o paro non baixa, as espectativas de emprego son moi escasas, o gasto en pensións xa pasa de 1000 millóns de euros ano, o sector primario está en ermo, etc) a resignación campa as súas anchas.

Anxo Quintana

A entrevista que recentemente lle fixo a Anxo Quintana un medio galego, ademais de deixar moitas cousas claras, veu a amosar dúas cuestións que considero sumamente importantes. A primeira é a distancia que existe ás veces entre a militancia dun grupo político e a realidade social á que pretende servir. Dito doutra maneira, entre o que pensa unha persoa máis ou menos politizada e ideoloxizada e o que acontece e percibe a sociedade común que, ó fin e o fallo é a que sofre os problemas do día a día.

Unha cantiga de amor

Non sei si será porque as cantigas, pouco menos que feitas en serie e que sempre rematan con ritmos e esquemas semellantes, xa cansan. Ou si as músicas, maioritariamente adobadas de imaxes e moita e diversa escenografía para chamar a atención, tamén aburren, dado que son pezas que sempre empezan cunha introdución lenta, para logo rematar cun marcado acento de discoteca, ou si o prefiren, de chunda chunda.

Unha sociedade narcotizada?

Cos escándalos e corrupcións que saen á luz constantemente; coa perda de dereitos e recortes laborais continuos; cos intentos de mediatizar a independencia da xustiza que día a día imos coñecendo; con todo o que chove de negativo, e con todo o que acontece, percíbese unha sociedade un tanto narcotizada que, en datas moi concretas como a do primeiro de maio, non reacciona e celebra unha festa reivindicativa que hai moitos anos púxolle reglas a un capitalismo salvaxe como o era o do século XIX.

A agonía do rural

Hai males que veñen de longo. De vello se o prefiren. Pero que, por múltiples causas, sempre quedan para tentar resolvelos máis adiante. E como vivimos o presente sen intuír o futuro, cada día teñen máis complexo modo de solución.

A tradición xustifica todo

Pode que haxa máis definicións de tradición, pero escollín esta: Conxunto de costumes, prácticas, valores, saberes e crenzas que son transmitidas de xeración en xeración e que forman parte da cultura dunha comunidade humana.