Artigos de Manuel H. Iglesias

O vello e o novo

En determinadas datas sempre aflora o termo vello e novo con máis insistencia do que parece normal. Desta maneira escoitamos, non soamente para referirnos ó ano que remata e o que empeza, falar do vello e do novo, verbas en certa medida contrapostas, que tamén aparecen na relixión, na política e en moitas facetas da nosa vida. Aparecen como se fosen unha necesidade para diferenciar algo e actúan de feito como un reclamo permanente no devagar dos días.

Culto á personalidade

“Todo pasa y todo queda, pero lo nuestro es pasar...”

O importante é consumir?

“Non importa se fai falla, o obxectivo é consumir...”

Nada novo á vista

Cando a rutina entra nas nosas vidas o aburrimento campa as súas anchas. O calendario marca as datas, as festas e as celebracións e cae sobre nós como algo asumido que repite inexorablemente. Nada se espera nin nada hai que chame a atención. Polo que, presos dese ir tirando, pasa e pasa o tempo e todo vai esmorecendo de xeración en xeración.

De novo Rajoy presidente

Pois nada que o criterio electoral, ou sexa o dos votos, impúxose deixando tirado o criterio ético que debía reinar na política. A maioría electoral dunha parte, que non a parlamentaria, volveu darlle a investidura a Rajoy. Sí, ise señor amoucado que sen facer ren, ve como os seus contrincantes van caíndo como se foran as follas mortas no outono.

Trobadores do noso tempo

A música e a poesía sempre tiveron un importante nexo de unión. Poderíase dicir que camiñan xuntas pois, dentro dos diversos estilos, sempre compartiron mensaxe e ritmo. Con todo, a partires de mediados dos sesenta do século pasado, xa no solpor da ditadura franquista, en todo o estado apareceron os chamados cantautores que poñían de moda a canción protesta; era este un movemento musical que xa existía noutros lugares do planeta e que afincábase en España aportando un novo estilo que rachaba coa canción folclórica existente.

Nin branco, nin negro

Cando expresamos nos faladoiros as posicións sociais e mesmo políticas sobre asuntos que nos atinxen, amosamos unha retórica plenamente antagónica. E na vida mesma e na política, que ven a ser unha expresión colectiva dunha sociedade, non todo e branco ou negro, non. Existen cantidades de cores e matices distintos que nos obrigan a modelar e madurar a nosa posición.

Máis do mesmo

Despois de escoitar a voz dos galegos expresada en votos, chega o momento da dixestión e análise dos resultados. E todo parece que tal dixestión será un tanto pesada para os partidos da oposición que pretendían ser o recambio do PP de Nuñez Feijoo.