Artigos de Manuel H. Iglesias

Aconteceres semanais

Na sociedade da publicidade, moitas veces enganosa, das trolas permanentes, da desprotección dos usuarios e consumidores, dos abusos das grandes compañías enerxéticas, das promesas electorais incumpridas, escoitar frases como a que dixo o Sr, Rajoy afirmando que, o seu executivo e o partido que o sustenta, teñen un problema de comunicación, pois non transmiten correctamente a acción de goberno e as grandes melloras que fan para os cidadáns, parece unha afirmación gratuíta e case insultante, pois a realidade na que vivimos é moi distinta a que se quere vender. Limitareime a poñer varios exemplos que no decorrer semana tomaron forza e son motivo de críticas polos cidadáns.

Falaron os andaluces

Entendo que a valoración dos resultados das autonómicas en Andalucía amosa diversas lecturas, aínda que os datos sexan bastante concluíntes. Pois, despois de perder máis de cen mil votos, os socialistas gañaron a partida claramente.

Un fiscal que sentía e exercía

Desempeñar un posto de responsabilidade implica exercer e tentar deixar marca. Ou sexa: facer cousas positivas en favor da comunidade á que se representa, que é tanto como dicir traballar a prol dos cidadáns, para que estes sintan o calor dunha institución que os ampara e serve para algo máis que ser un posto de representación, vamos un posto de ornamento.

Fagámonos respectar!

Periodicamente aparecen declaracións de persoeiros públicos que, aínda que logo piden desculpas, empregan adxectivos negativos e insultantes referíndose a todos ós galegos. Esta cuestión amosa a alta estima que moitos representantes políticos nos teñen, e sae á luz cando fala o sentimento con sinceridade, sin ser controlado pola racionalidade que indica aquelo que non debemos decir.

Unha semana de friaxe

Cando o febreiro amosa a friaxe con máis contundencia, as novas que día a día saen a luz fan un paralelismo acorde co tempo. Non podía ser doutra maneira, aínda que as verbas dos que mandan se obstinen en repetir como un mantra unha mentira para que esta pareza verdade: medramos máis ca media europea polo que a crise xa quedou atrás.

Solucións espontaneas

Hai uns días un mozo díxome: xa teño a quen votar. Estes, referíndose a Podemos, devolvéronme a ilusión. Todo o demais é unha merda. Respondinlle: tes moita razón, pero ti aínda vas e eu xa che veño de volta, polo que non sigas ó pe da letra o que prometen se non queres levar un desengano.

A quen corresponda

Hai moitos anos, máis de dez, o cantante catalán Joan Manuel Serrat lanzara ó mercado un disco no que incluía unha cantiga que tiña o título deste comentario. Nela seguindo o modelo de instancia pedía a quen correspondese a solución dunha serie de problemas da sociedade do momento.

Tempo de parrafeo

En certa ocasión, sendo maior, o cura da miña parroquia fíxome unha pregunta un tanto complicada a que contestei case axiña. Pero despois de moitos anos, aínda lle ando a dar voltas a resposta que daquela din.