Artigos de Manuel H. Iglesias

Prepotencia contra o idioma

A semana pasada deixounos unha importante novidade relacionada co ensino da nosa fala: a sentencia do tribunal superior de Galicia na que desmonta a base do decreto contra o galego aprobado polo goberno de Feijoo. Importante sentencia que, pon ao descuberto que, quen goberna a Xunta, actuou, e pensa seguilo facendo, verbas do conselleiro do ramo, dunha maneira fraudulenta, partidaria e prepotente.

A diversión sen límites

Non pretendo culpar nin censurar a maneira de divertirse dunha parte importante da xuventude actual. Persoalmente non a comparto. E darei dous argumentos para elo.

Despexando o camiño

Despois dos resultados electorais do 21 de outubro, onde a oposición ao PP saíu, salvando Anova, moi mal parada, chegou o momento das reflexións e posteriormente das determinacións. E no mundo nacionalista empezan a aparecer as primeiras determinacións. Guillerme Vázquez anuncia que deixará o cargo portavoz na súa organización e Compromiso por Galica anuncia, como forza política, o congreso fundacional para o 16 de decembro.

Vasos comunicantes

Falaron os galegos, e decidiron que os populares gobernaran outros catro anos. Felicidades aos gañadores. Pero dito isto, a lectura do acontecido é que a teoría dos vasos comunicantes sigue a producirse entre as forzas chamadas progresistas. Pois entre elas cédense votos, pero esta cuestión non afecta para nada ao partido popular que sigue coa súa parroquia de galegos fixa e inamovible. Cuestión esta dificil de asimilar coa está caendo. Polo que, os cidadáns desta terra siguen confiando cegamente nos seus dirixentes e nas súas políticas, pois aínda que nestas eleccións aumentou a abstención e que, con menos votos, o PP mellorou o número de deputados na cámara galega os de Feijoo siguen revosantes de poder.

A desafección política non é a solución

Segundo unha enquisa sobre os problemas actuais da nosa sociedade, a primeira preocupación é a do paro seguido da crise económica que soportamos dende hai varios anos. E como síntoma destes graves asuntos aparece a desafección política de sectores moi importantes de cidadáns que, facendo táboa rasa, renegan do sistema que temos lanzando proclamas nas que culpan a todos os representantes, tanto do goberno como da oposición de todos os males que acontecen nesta sociedade. Ben sei que, en grande parte, teñen razón; pois na política actual prima por riba do interese colectivo as promesas incumpridas e o engano para tratar de acadar o voto a calquera prezo. Desta maneira quedan relegados os valores nobres da acción política, e esta pasa a ser un xogo de trileiros.

Á caza do político

Nos tempos de crise, cando as cousas camiñan mal e cando a incerteza non deixa ver o camiño para saír do burato, a sociedade, como si se tratará dun exercicio de autodefensa, necesita buscar chivos expiatorios para desafogar. Necesita buscar culpables para facer a súa catarse e liberarse descargando noutros o cabreo polo perxuizos que soporta.

O catastro político

Dende a escola primaria, aquela que era fría, triste e autoritaria, escoitaba ó mestre cando dicía que “Franco salvó a España del comunismo y el separatismo” E ,xa se sabe, un de neno dalle moito valor ás palabras do mestre. Andando no tempo chega o uso de razón política e, aínda na ditadura, un empeza a analizar a vida e axiña comprende que, salvo en cuestións de fe, onde non se discute racionalmente, non hai verdades absolutas. E aqueles contos da idade escolar derrúbanse como castelos de naipes, pois a realidade e máis forte cas mentiras e, as verdades a medias escoitadas na nenez, pasan como algo escuro que non valen ren.

Ofertas electorais para o 21-O

A verdade é que nunca houbo unhas eleccións en Galicia que tiveran tras de si as interrogantes que se dan nesta convocatoria. Tres anos e pico de goberno que prometeu o ouro e o mouro, só fixo recortes, incumprimentos e mentiras permanentes, creando un grande desacouso nos electores. Por iso a incógnita de como se manifestará o descontento da cidadanía.