Artigos de Manuel H. Iglesias

A música de Shostakovich no Paseo

Canso de escoitar tantas novas sobre a corrupción e as falcatruadas dun goberno que xudicializa a vida política, pero no ten cintura para afrontar os problemas pola vía do dialogo; canso de ver ós corruptos con cara de cínicos negando a evidencia, mentindo como cosacos, camiño pola nosa Auria.

Corre perigo a autonomía?

Hai un par de anos falei de que o nacionalismo galego sempre tan doado as causas utópicas do dereito a decidir, deixaba o flanco aberto da política posibilista, pois vivía, e vive soñando, cunha acadia feliz que nunca chega e que posiblemente non sexa máis ca un argumento teórico para militantes. Vivir de ensoños tamén é unha maneira de pasar o tempo e así manter un romanticismo fervendo na mente duns poucos fieis pouco dados á reflexión.

Ideoloxía e realidade social

O expresidente Artur Mas dixo, hai uns días, que o exceso de ideoloxía, as veces, non permite ver a realidade social que se quere gobernar. O que é tanto como aceptar que ise exceso ideolóxico é un erro que arrédate os gobernantes da realidade e dos problemas diarios da xente. Tal afirmación visto o contexto e a situación actual de Catalunya, semella máis unha rectificación dos postulados iniciais do proceso unilateral soberanista que unha frase con fondo teórico -filosófico. Por iso, tal afirmación lévame ó seguinte comentario.

Eu son un xenio!!!

Se en Galicia elexiramos a un presidente semellante ó actual dos Estados Unidos, seguro que en todos os medios públicos, especialmente os estatais, estarían falando de que os galegos somos dunha maneira determinada; de que temos uns atavismos e taras sen superar; de que somos un lugar atrasado que vive na inopia; que somos conservadores e medios parvos ou de que non distinguimos o cú das témporas. O caso e que no estado que se di modelo e que pensa que o mundo xira o seu redor, elexiron, segundo as súas propias verbas a un xenio. Un crak que lle contou unha milonga ós americanos e que moitos milleiros deles creron e, polo tanto, votárono.

Felipe VI: O argumentario do goberno

Como se se tratara do argumentario dos que hoxe nos gobernan, falou Felipe VI. Primeiro, moitas louvanzas e orgullo de pais; logo estase mellorando na economía; despois, verbas dicindo que temos que levarnos ben, convivir e respecto para todas as formas de pensar nunha sociedade plural como a nosa; seguíronlle refernencias a violencia da muller, a ecoloxía, o terrorismo, tamén dixo algo sobre a corrupción e unha referencia as reformas necesarias para avanzar como Estado.

Falar por falar

Moitos cargos políticos, para non deixar de estar no candeleiro, teñen como estratéxia soltar parrafadas que, moiormente parecen foguetes ó vento e nalgúns casos concretos laíos que asemellan a choros. Son cantos de serea que non son nin escoitados polos seus xefes de partido, polo que pódense clasificar como maneiras de falar por non estar calado.

Tempo bo e tempo malo

Dende os anos sesenta do século pasado cando o retranqueiro Sr. Arturo, alcumado o Farranchán, con moita sorna falaba do tempo porque lle preguntaban os veciños, moito cambiaron as cousas.

Manterse no poder polo poder

Di a conselleira de Medio Rural que a culpabilidade dos lumes é soamente dos incendiarios. Pois claro, o que planta é o que comete o delito. Pero si soamente nos quedamos nesa frase, pódese dicir que seguimos errados e que non vemos máis lonxe da nosa sombra.