Artigos de Xosé Miguel López

Nin quedos, nin calados

Pintan bastos para a Sanidade Pública en Galicia...Coa chegada ó goberno da Xunta do Sr. Feijoo e a Sra. Farjas, comezan os ataques furibundos en contra da Sanidade Pública, repetindo como nunha letanía que é insostible e que coa crise fai falla facer importantes recortes nas prestacións, nos servizos e tamén no persoal do Sergas. Dito e feito:

Repago sanitario

Coa chegada do Partido Popular á Xunta de Galicia, comeza unha campaña para implantar en Galicia, desta vez coa escusa da crise económica, modelos privatizadores da Sanidade Pública que este partido político xa viña aplicando, con resultados desastrosos tanto no económico como na prestación da asistencia sanitaria, en Valencia e, sobre todo, en Madrid, modelos que xorden na época de Margareth Thacher no Reino Unido e que levaron a sanidade nese Estado a unha situación que o actual mandatario o Sr. Cameron, do mesmo partido conservador, quere reverter por mor do seu estrepitoso fracaso.