Artigos de Pedro G.-Valadés

Eu non estiven alí

Un ano máis xurde entre a friaxe do calendario invernal un novo 27 de xaneiro. Un 27 que ate hai pouco máis de medio século era só a véspera do 28, como moito un modesto Santo Tomé de Aquino no calendario santoral católico ou simplemente, o vixesimoséptimo día do ano no calendario gregoriano. Mais todo iso mudou de xeito brutal e para sempre un 27 de xaneiro de 1945. Ese día, unidades da División número 100 do Exército Roxo, baixo o mando do xeneral Krasávina, entraron en Auschwitz-Birkenau e liberaron aos 2.819 prisioneiros que despois de 5 anos de masacre ficaban con vida. 2.819 testemuñas da infamia, 2.819 testemuñas do horror inexplicábel que asolou o corazón da vella e culta Europa, a nosa Europa, e que converteu para sempre a un vello e frío cuartel do Exército polaco no monumento funerario perenne de máis de millón e medio de seres humanos que desde aqueles días fican soterrados para sempre e como única tumba, no ceo. Tamén no noso ceo. No aire que serviulles como cadaleito despois de que o delirio xenocida os transformase nas cámaras de gas e nos fornos crematorios en parte do aire que agora e por sempre respiramos e respiraremos.

Estado palestino si. Pero non así

A propósito da petición de recoñecemento do estado palestino polas Nacións Unidas

Bin Laden xa non vive aquí

A lenda de Osama Bin Laden sustentábase fundamentalmente no feito de que estaba vivo, de que conseguira atacar no corazón emocional do imperio americano e de que conseguira fuxir durante unha década da persecución (agora vese que implacábel) dos Estados Unidos.

Boicot a China, Irán, Arabia Saudí, Corea, Siria, Myanmar, Laos, Sudán...?

En primeiro lugar coido debemos ter claro antes de nada, que os boicots son -por definición- destrutivos, algo que na miña opinión é o que menos precisa a castigada rexión.

Rúa Eduardo Martínez Alonso

Os pobos e as cidades como grupos humanos que son, honran e se honran a si mesmos, cando actúan con xustiza, cando obran con respecto e recoñecemento.

A Shoah é nós

Cada 27 de xaneiro, desde que no ano 2005 e con máis de medio século de retraso, as Nacións Unidas na súa resolución 60/7 declarasen que o día no que en 1945 Auschwitz-Birkenau foi liberado ficara por sempre como día de recordo e homenaxe ás vítimas do Holocausto, cada 27 de xaneiro, alumea como un faro a nosa conciencia. Tamén a nosa.

Un barco chamado Propaganda

Desde a aparición nos medios das primeiras novas relativas a saída desde Turquía, dunha flotilla autodenominada “humanitaria” fletada pola organización islamita turca Insani Yardim Vakfi e apoiada, por grupos desde a esquerda extrema a diversas ONG´s europeas e árabes, o tema cheirou certamente un tanto raro.

Maria Antonia Iglesias e a israelofobia

Hai uns días, a miña boa amiga Pilar Rahola ven de sufrir unha situación autenticamente esperpéntica no programa "La Noria" da canle de televisión Telecinco.