Artigos de Pedro G.-Valadés

O problema nuclear iraniano

O coñecido como Acordo Nuclear con Irán (PAIC - Plan de Acción integral Conxunto), non foi unha resposta totalmente satisfactoria ao programa militar nuclear iraniano. O acordo de 2015 tiña como intención a de impedir que a república islámica de Irán desenvolvese as súas capacidades militares nucleares, pero con todo, non puxo fin ao fondo do problema, ás ambicións agresivas de Irán.

Buchenwald: campo que foi nazi e logo estalinista

Foi un 23 de agosto de 1939, en Moscova, cando tivo lugar o encontro das dúas máis sinistras mareas negras que asolaron Europa durante o século XX, encontro este do que foron protagonistas os respectivos ministros de Asuntos Exteriores do III Reich alemán e da Unión Soviética, Joachim von Ribbentrop e Viacheslav Mólotov, quen asinaron -baixo a sombra e mandato de Adolf Hitler e Jósif Stalin- un pacto de non-agresión coñecido para a posteridade cos apelidos dos dous chanceleres asinantes.

Tamén Israel

Que todo Estado ten o dereito – atreveríame incluso a dicir que a obriga – de definir o seu carácter, a súa identidade nacional e todo o relacionado coa simboloxía propia que o identifica, é algo recoñecido e non cuestionado por ninguén.

Carlos Núñez non é un nazi

O pasado luns día 21 de maio, o programa de radio "Vigo en la onda", presentado por Raquel Sánchez, emitiu na súa columna “La firma” que semanalmente asina o exconcelleiro vigués Carlos Nuñez Rodríguez, unhas palabras indistinguibles das dun neonazi.

ETA e Hamas

Asistiamos hai unhas semanas ao tan anhelado final de ETA. Co seu fin chegou a hora do reconto último de vítimas ocasionadas durante décadas polo terrorismo etarra. A cifra final é froito da verificación por parte do sistema policial, sanitario e xudicial dun estado democrático e de dereito con todas as garantías que isto conleva, mesmo para os propios terroristas.

Vintecinco anos despois, Reuven Rivlin

Corría o ano das milagres, o inesquecible 1992, o ano dos Xogos Olímpicos de Barcelona, da Exposición Universal de Sevilla, do quinto centenario do descubrimento de América e dunha cuarta efeméride máis, efeméride esta que en contraposición da grande carga positiva das tres citadas, esta cuarta conmemoración foi un amargo recordatorio dun dos máis negros episodios da longa historia de España. Sucedeu no ano 1492 de infausta lembranza para a comunidade xudía por ser este o tempo no que os Reis Católicos decretaron o seu edicto de expulsión dos xudeus das terras dos seus reinos. Cinco séculos despois o daquela presidente do Estado de Israel, Chaim Herzog viaxou a España, a nunca esquecida terra de Sefarad, en visita de Estado. Había só 6 anos do establecemento de relacións diplomáticas entre España e Israel sendo os xefes de goberno respectivos Felipe González e Shimón Peres. Ao longo dos 31 anos de diplomacia directa entre Madrid e Xerusalén, as relacións foron boas aínda que manifestamente mellorables. Moitas tomas de posición de España na política internacional non axudaron, máis ben ao contrario, á mellora da confianza e ao estreitamento das relacións hispano-israelís.

As boas xentes

Sempre imaxinei ás boas xentes, ás boas persoas, coma unha sorte de chinchetas que desde a súa humildade e pequenez, impiden que o mundo caia da parede. Tarefa nada doada nun mundo no que abondan os exemplos de maldade e inmensa crueldade con consecuencias terribles para con nós mesmos, os seres humanos.

O antisemitismo de Keith Ellison

Hai uns días a raíz do nomeamento polo presidente electo Donald Trump de Steve Bannon como director de estratexia no seu gabinete, saltaron todas as alarmas sobre o seu antisemitismo e ideoloxía de dereita radical. Pois ben, é agora pola contra máis chamativa aínda a escasa crítica coa que foi acollida a elección de Keith Ellison á fronte da DNC (dirección do Partido Demócrata). Porque se Steve Bannon é un antisemita, Keith Ellison é ainda moito máis radical.