Opinión - 10 Maio 2012
A iniciativa política a construir no nacionalismo galego ten que desenvolver un programa e unha estratexia soberanista que permita encarar o ciclo político aberto; caracterizado, en parte, pola reforma do modelo de Estado.
Opinión - 22 Marzo 2012
Debemos abrir o debate para clarificar o proxecto político que precisa a maioría social galega. O salto cualitativo está na organización e compactación do bloque sociopolítico que quere construir un Estado galego.
Opinión - 22 Febreiro 2012
A decisión do Encontro Irmandiño de abandonar a militancia no BNG dá paso a un novo ciclo político no País e no nacionalismo galego. Agora, con ilusións renovadas, precisamos dar saltos cualitativos que situen a soberanía política e económica no cerne do proxecto da nación e da clase traballadora.
Opinión - 20 Outubro 2011
Nos próximos tempos asistiremos a unha profundización na involución iniciada desde que “a crise” se introduciu no imaxinario colectivo. Co retorno do PP ao Goberno de España o 20-N veñen baterías de medidas contra a maioría social que a curto prazo traen novos retrocesos sociolaborais, sofremento, más España, recorte de dereitos e liberdades e, como consecuencia lóxica e irremediábel, unha clarificación de contradicións que se produz nunha correlación de forzas totalmente desfavorável para o soberanismo.
Opinión - 03 Setembro 2011
A introdución de reformas no marco constitucional español foi ao longo destes 33 anos un tabú para o poder executivo, xudicial e os principais partidos e medios de comunicación do Reino. Así, calquera proposta feita na liña do recoñecemento do dereito de autodeterminación, a blindaxe legal das conquistas do movimento obreiro ou o fin da monarquía legada por Francisco Franco, encontrou sistematicamente ao seu frente a inmutabilidade da Constitución Española de 1978.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting