Artigos de Valentin Carrera

Maceros e mamporreros patrióticos

¡Que bonito é o castelán patrio: maceros, ballesteros e mamporreros! ¡Que oficios tan medievais e tan útiles ao noso século XXI! Agora que aumenta o paro xuvenil –nunca cesou a seca pertinaz diga o que diga don Rajoy–, agardo que o Senado emende os orzamentos do Estado convocando oposicións masivas a maceros, ballesteros e mamporreros.

Feijóo trunfa na última edición de «Cámbiame»

O presidente da Xunta de Galicia pasou polo salón de beleza de Cámbiame, ese programa Erasmus de Tele 5, e fíxose un “completo”: lifting, depilación brasileira á cera, manicura e maquillaxe, para afrontar as dúas campañas electorais, “deixando atrás o seu pasado” e realzando o seu natural atractivo varonil. Vexamos en que consistiu o seu tratamento en tres tempos: pasado, presente e futuro.

#27S Sen Medo

Non pretendo ser ecuánime, pero escoito tantos desatinos e saídas de ton que só quixera achegar un pelín de acougo. Vivín en directo as eleccións catalás: o 27S almorcei cedo no barrio de Horta cunha familia converxente, catalanistas a rabiar, antes que fosen currar como apoderados de Junts Pel Si; comín en Llavaneres cun concelleiro do PP e coa súa noiva, de Xirona e da CUP; e logo tomei café con dous votantes de Cidadáns na zona burguesa de Montaner, preto da casa dos Pujol. Nin un síntoma de guerra civil, oia: todo amable, respectuoso, dialogante, democrático. Nada que ver co relato da Apocalipse que un día e outro machucan as terminais mediáticas de Moncloa e o IBEX35.

O malo leite de Feijóo

Como diría o xenófobo Albiol, “acabouse a festa, señor Feijóo”. Levan vostedes máis de trinta anos perdidos co sector lácteo galego. Fai exactamente vintecinco anos, en setembro de 1990, unha tractorada detivo a rodaxe da serie de TVG “Os Viaxeiros da Luz” á entrada de Santa Comba: pasaron cinco lustros e as cousas, lonxe de mellorar, foron a peor e, aínda que onte no Parlamento Feijóo aludiu unha vez máis á herdanza do bipartito, destes vinte e cinco anos, vinte e un foron baixo a férula do PP, e os últimos dez anos baixo a batuta directa de Feijóo.

Non me chames estranxeiro

Inicio a quinta tempada de Tornarratos, blog de análise política desde a periferia, co propósito de ser máis analítico e menos adxectivo. Un dos moitos males do xornalismo actual –no que excelentes artigos afóganse nun magma de bazofia e sucesos sanguentos elevados ao altar do telediario- é prodigar adxectivos, sobre todo descalificativos. Unha descualificación non é un argumento.

Pactéticos

¿Alguén sabe si dona Esperanza Aguirre profesou de novicia nun convento de cartuxas? ¿Hai algún psiquiatra na sala?

A toupa

Sr. Don Pablo Iglesias Querido amigo: Chegou o momento da xenerosidade, de recoñecer a cada cal o mérito que lle corresponde. O envorco histórico do noso país cara á esquerda ten moitos factores que xa foron analizados aquí e alá (a corrupción, a indignación, a vitalidade popular, etc.) e ten numerosos protagonistas, xa sexan individuais (Ada Colau, Carmena, Mónica Oltra, Xulio Ferreiro, Martiño Noriega), pero sobre todo colectivos: mareas, asembleas, plataformas, soviets. Todos eles, e especialmente elas, comparten a responsabilidade deste tsunami político de longo alcance.

Inditex zarandea as nosas conciencias

A empresa neocolonial Inditex (coñecida polas súas marcas Zara, Pull&Bear, Massimo Dutti, etc.) acaba de presentar os resultados do exercicio 2014: beneficio de 2.501 millóns de euros. Ao momento, saíu á palestra unha lexión de escudeiros, dispostos a eloxiar e poñer nos cornos da lúa o modelo de xestión e a xestión modélica da gran multinacional española e galega, que ten de española e galega o que este cronista de esquimal.