Artigos de Valentin Carrera

A procesión dos caladiños no cabodano da estafa Pescanova

Pasou un ano desde que o 28 de febreiro de 2013, nun tenso consello de administración en Chapela, alguén deu unha patada na mesa e Pescanova saltou polo aire poñendo en almoeda unha das primeiras empresas, presuntamente galega, centos de postos de traballo e os figadillos da Marca España.

A reconquista

Con esta teima de reescribir a historia que lles entrou aos cataláns separatistas, estou algo confuso sobre o noso glorioso pasado, de modo que consultei a miña “Enciclopedia Álvarez”, de 2º grado, onde vén clariño todo o que un bo español debe saber.

Pescanova: análise de urxencia

* A débeda de Pescanova equivale xa á metade do orzamento de Galicia en 2013

O Imperio onde non se poñía Repsol

* Salomé Soria serve ao rei Mariano Herodes a cabeza de Brufau en bandexa de prata.

Galegos pobres polo mundo: o drama da ausencia

A política e os políticos fálannos tan a miúdo das subidas e baixadas da EPA, do IPC e do IRPF, que esquecemos as preguntas fundamentais e o único horizonte que debese mover a acción pública: o ben común, a felicidade dos cidadáns. Debemos reescribir tamén a política en clave emocional e substituír os resortes do poder, sempre un poder cobizado e cobizoso, por motivos máis nobres; si, xa sei que son un inxenuo.

O desPrestige da Xustiza

Na miña humilde opinión, a sentenza do Prestige ditada onte por un tribunal da Audiencia da Coruña é un golpe de estado á ecoloxía e un golpe baixo á xustiza. Tanta preñez e embarazo para que os maxistrados Juan Luis Pía Iglesias, Salvador Sanz Crego e Dolores Fernández Galiño parisen un rato. Un rato de 157 folios, escritos formalmente en galego, que consagra a impunidade máis anti-Galicia da historia xudicial.

Están cravadas tres cruces no Monte Pío do Olvido

Bendito mes, que comeza por tódolos Santos e remata por san Andrés, si non fose que encaramos unha recta de vertixe ata fin de ano que vai deixar na economía galega unha pegada de agonía difícil de soportar. Tomen nota das tres cruces cravadas no Monte Pío do Olvido:

PSdeG: congreso no partido de Caín

Está escrito. Este sábado, o mozo ganador das primarias, Xosé Ramón Gómez Besteiro, será elixido polos socialistas galegos novo Secretario do PSdeG-PSOE, o partido de Caín.