Artigos de Valentin Carrera

Xunta de Galicia 1968

En 1968 meu pai deume un billete de vinte duros, un par de indicacións e envioume en pantalóns curtos a matricularme por primeira vez no instituto de bacharelato.

Leccións urxentes tralo accidente de Santiago

Presidentes, ministras e conselleiros vestidos de loito e coa cara compunxida eloxian o “extraordinario comportamento” de médicos, policías, xuíces, bombeiros, funcionarios e servidores públicos. Son os mesmos funcionarios aos que levades catro anos despedindo, recortando soldos, privatizando e degradando a función pública.

Geluco: “Nos queda la palabra”

Fai poucos días preguntei a Suso Granados, o seu compañeiro de partida, ¿que tal vai Geluco?

Os buracos negros da Comisión das Caixas

Coa traca final de José María Castellano e Alberto Núñez Feijoo, concluirán esta semana as comparecencias ante a Comisión das Caixas do Parlamento Galego de presuntos delincuentes como Méndez e Gayoso, cómplices ausentes como Ordóñez e Currás e outros cooperadores necesarios.

Contra a corrupción, democracia interna

O curso parlamentario é como o curso escolar, en quince días pechan o pupitre e, con algunha excepción, vémonos en setembro. Na recta final de xuño, dúas comisións de investigación compiten a ver cal acaba antes: a das caixas de aforros e a comisión contra a corrupción.

Hipotecas abusivas: a hora decisiva

Agradezo ao GC que me permita abrir hoxe esta fiestra a unha causa común e urxente que afecta a miles de familias. Como o paro, como as preferentes, como os recortes en sanidade e educación, o rosario da crise vai engarzando afrontas que se acumulan, unha tras outra, sobre as costas dos contribuíntes, dos máis humildes e indefensos. Hoxe é urxente falar das hipotecas abusivas.

¿Que está pasando en Turquía?: Carta urxente desde Istambul

Díxoo Erdogan: o problema é Twitter. Pois si, quizais as redes sociais, blogueros e xornalistas de todo o mundo teñamos a responsabilidade compartida de facer que Twitter sexa “o seu” problema. Transcribo a continuación a crónica dun amigo turco, xornalista en Istambul. Un SOS fronte á censura...

Orozco: que corran as listas

A xuíza de Lugo Pilar de Lara, instrutora do caso Pokémon dictou un auto segredo cuxo contido con todo luxo de detalles foi publicado xa en todos os medios de comunicación. Deron a exclusiva o martes 14 os medios de Prensa Ibérica, La Nueva España, La Opinión e Faro de Vigo, que pode resumirse neste titular: “A empresa asturiana do caso Pokémon pagou 2.000 euros ao mes ao alcalde de Lugo”.