Artigos de Mariña Pérez

Fatalidade de turismo

Será que vivimos no século máis exhibicionista ou que o viaxeiro pasou do elitismo de Stendhal ao simple voyeur de clase media que mide a vida en megapíxeles. Non é un fenómeno galego senón universal.

Brocéliande, Esmelle e Froxán

Amar o bosque é signo de riqueza, de cultura interior. Alén do evidente recurso económico, o monte arrequece tamén o noso espírito. É ben coñecida a relación que garda a arte coa natureza, adoito reflectida nas múltiples intervencións artísticas en espazos boscosos, sexa desde o eido da literatura, a escultura, a música, etc.

Políticas e estilos

Antes de se decidir polo seu novo peiteado (ese Bob curto que despexa noca, pescozo e alma) Letizia (perdoen a confianza, eu que sei...) ensaiou cun falso short Bob; é dicir, antes de dar o salto e cortar os seus cabelos, probou a recollelos para ver cal sería o efecto Real. Digamos que ensaiou unha simulación de melena curta en diferido con raia lateral e viu que non a vilipendiaban demasiado as lurpias maiores do reino. Entón cortou.

Lector Zuckerberg

Esa estraña relación entre o mundo das palabras e o diñeiro. O mecenado. A dubidosa sombra dos dereitos de autor.

Duplicados

Seica xa o di o feng shui, tan atento ao fluxo negativo do Qui. O número dous é inexacto, por si só non exemplifica a realidade, ten que desempatar, aclararse. Disque a dualidade crea dúbida e incerteza, pero nós, tan teimudos coa duplicidade, levámola ata as súas últimas consecuencias. Comezando pola linguaxe, non pode ser doutra maneira.

De esqueletos e memorias

Por máis voltas que lle dou non atopo outra explicación que non sexa a puramente comercial. Refírome a localizar e identificar exactamente os restos de don Miguel de Cervantes. Xa é sabido que repousan no mosteiro das Trinitarias tal e como el desexou. De onde procede esta ansia por detectalos e identificalos a través do xeorradar? Podémolo tomar coma un alarde da ciencia, a verdade é que individuos soterrados con artrose e mans lesionadas pode habelos a ducias, dadas as circunstancias daquela época. Dise que o propio Cervantes tivo que fuxir de España antes de que a xustiza lle mancara a man como castigo por quedarse con parte dos impostos que recadaba…

Memoria románica en Pesqueiras

Arte, maxia, teatro, máscaras. Escenografía galega. Entre o mito e o ritual. A ilusión ancestral de reproducir o que se desexa, darlle forma, cor e corpo a aquilo que mellor nos representa. Se o pinto talvez o posúa. A teatralidade fronte á morte e a desaparición.

Léase con sorna

Teño medo de que morra a retranca galega. Vai sen serio. Ás veces semella que mudou o paso, que vai en retroceso cara á costa coma a gheada, ou que emigrou definitivamente a algún país europeo. Resulta triste e contrario a natura ter que explicarlle á nosa xentiña cando se está a facer uso da ironía, do sentido do humor, do si pero non, da nosa retranca; coma se predominase o puño sobre a mesa. En troques, fóra do noso territorio prolifera o equívoco, gaña terreo o paradoxo, o humor acedo, a antítese ben argallada e con intención. Por suposto, a globalización! vanme dicir. Xa, todos visitamos lugares comúns do humor, chamémoslles sitios endogámicos onde hai que rir por non chorar, é certo, pero a min preocúpame que a xente galega perda ese punto de vista do medio da escaleira, a indiferenza intelixente, a distancia xusta para pensar. Antes funcionabamos máis con sobreentendidos.
Mariña Pérez Rei Mariña Pérez Rei é unha escritora amiense afincada na cidade de Santiago de Compostela. Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-portuguesa, actualmente exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario. Entre a súa obra publicada destaca a poesía e a novela curta. Tamén colabora en xornais e revistas con artigos de opinión. No ano 2005 acada o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón polo libro Fanerógama e comeza a publicar. No 2006 obtén o Premio Manuel Lueiro Rei de novela por Canícula, editorial Sotelo Blanco. No 2009 publica o libro de poesía en edición limitada e artesanal: Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante, na editorial Bourel. Un ano despois publica o libro de poesía Paquidermo na editorial Bubela co que ingresa na corrente filosófico- poética do sentimental-ISMO, e nese mesmo ano obtén o premio de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos coa narración Costa necrópole. Escenarios para deslembrar, publicada na editorial Toxosoutos. No 2011 participa nas antoloxías de poesía sentimental-istas da editorial Bubela e colabora co grupo musical Loaira.