Artigos de Manuel González L.

Novagalicia Banco, a Nova Economía e Madrid

Coa venda de Novagalicia Banco ao grupo de orixe venezolana Banesco, péchase polo momento un capítulo negro na historia do sector financeiro galego que case remata coa desaparición do mesmo, canto menos no referido á permanencia no país dos centros de decisión de entidades bancarias cun certo peso.

E Galicia que?

Permítanme os lectores comezar ao xeito galego este artigo, cunha pregunta, emulando así ao amigo Xaime Subiela, gañador do premio Ramón Piñeiro de Ensaio co libro “Para que nos serve Galiza?”. Un libriño imprescindible e renovador que sen dúbida precisabamos e no que o autor aborda a necesidade de impulsar un novo galeguismo que ao tempo de conectar coa maioría social conteña as características propias dun proxecto nacional. Vennos á perfección para encetar este artigo.

Uns orzamentos que ameazan a recuperación

Fai unhas semanas publicabamos neste xornal un artigo sinalando que a economía española deixaba de estar á beira do precipicio para comezar unha lenta recuperación. Esta semana o Banco de España vén de anunciar a saída da recesión ao medrar o PIB trimestral apenas unha décima, logo de varios trimestres en números negativos.

Unha candidatura cívica, galega e europea

As vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo celébranse nun momento onde seguramente nunca tanto se falara de Europa. Evidentemente isto é debido a crise económica que se está a vivir en boa parte do continente e á moi discutida e discutible resposta ofrecida polos gobernantes europeos. Lamentablemente o anterior non garante unha participación elevada a estes comicios, en boa medida pola distancia que os cidadáns de a pé perciben respecto a unha cámara de representación que aínda por riba naceu e sigue “capada” no seu poder legal e efectivo. A pesares de todo, son unhas eleccións importantes porque é o momento de manifestar a opinión cidadán respecto non só á actuación dos líderes e das institucións europeas perante a crise, senón sobre a calidade das propias institucións comunitarias.

NCG Banco, La Voz e Cataluña como medida de tódolos males

Do máis surrealista que puiden ler nos últimos meses teño que confesar que gaña con creces a nova coa que nos deleitaba esta semana La Voz de Galicia sobre unhas presuntas presións políticas da Generalitat para a venda de NCG Banco a La Caixa, “a cambio de paz” política para Rajoy. Só dende unha paranoia anticatalanista e provinciana se pode chegar a facer crer que o presidente Artur Mas estaría disposto a renunciar á maior aposta política que o pobo Catalán fixo en tempos contemporáneos, para que La Caixa se fixera co control das nosas antigas caixas. Es que nos tienen manía.

Non é o mesmo

Uns días atrás un servidor escoitaba atónito o que nos tiña que dicir sobre o futuro de NGC Banco un dos opinadores con máis prestixio do país. O devandito opinador, que nas súas intervencións comeza falando en galego e remata falando en castelán para darlle máis empaque (se supón) ás súas habitualmente airadas e atinadas opinións, afirmaba que tanto tiña a quen lle vendera o FROB esta entidade, fose un grande banco español ou un fondo de investimento estranxeiro, o importante é que había que facelo xa. Argumentaba que o capital non ten patria e que a efectos prácticos o que había é que sacarse o morto de enriba.

Chipre, Europa, a Troika (e unha reflexión sobre a soberanía)

Confeso que a miña primeira reacción diante da situación creada en Chipre e en toda a Unión Europea foi a de culpar do guiso aos responsables políticos europeos, nomeadamente aos teutóns, e á Troika no seu conxunto. Pasado o tempo, coñecidos mellor os pormenores, véxome na obriga de botar man do trasacordo e de matizar, polo menos en parte, esa primeira impresión.

O 22 de outubro

“Aquí pasou o que pasou”, reza un dos proverbios máis coñecidos da política autóctona e que dá conta de como sen dicir nada se pode á vez dicir todo, sempre que o interlocutor queira entender, claro está.