Artigos de Pablo Vaamonde

Relatos invisibles

Hai uns anos que traballa no meu centro a doutora Pilar Gallego que, a pesar do seu apelido, é aragonesa.

A muller que batía coas portas

Un dos investimentos afectivos máis importantes da nosa vida é a elección dunha persoa para vivir en parella, para compartir afectos, ilusións e a crianza dos fillos.

A morte digna

No meu exercicio profesional -xa van aló máis de trinta anos-, tiven que acompañar moitas persoas nos seus últimos pasos na vida.

As hipotecas da sanidade pública

O goberno de progreso fixo unha aposta decidida a favor da sanidade pública, pero o actual está a desmontar os avances acadados.

Eu non fun a Santiago

Descendeu do avión entre a néboa, foi recibido polas autoridades do país, como corresponde ao máximo representante dunha relixión con millóns de fieis en todo o planeta,

A preparación do golpe

Estes días estiven a repasar o libro “Anatomía de un instante”, polo que Javier Cercas ven de acadar o Premio Nacional de Narrativa.

O incerto futuro da sanidade galega

Temos en Galicia a mala fortuna de estar gobernados por un grupiño ultraliberal que despreza o público e só acredita nas potencialidades e na eficiencia do sector privado.

Enterrados

Chegou estes días ao cinema unha película dirixida por un mozo galego (Buried, de Rodrigo Cortés), que relata a claustrofóbica experiencia dun soterrado en vida.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.