Artigos de Pablo Vaamonde

Defender a alegría

Estes días pasados estiveron aquí uns amigos andaluces. Andivemos pola península do Barbanza e paseamos as rúas de Santiago e Coruña.

Chandrexa de Queixa

Chandrexa é un concello galego, situado na Serra de Queixa, preto de Trives e de Manzaneda, a uns sesenta quilómetros da cidade de Ourense.

Na busca da excelencia

O pasado domingo foi un día de gloria. A selección de fútbol gañou a final do campionato do mundo por primeira vez na súa historia, fronte a unha Holanda que fixo un xogo rudo e violento que non lle abondou para frear aos nosos.

O novo rumbo da sanidade galega

O goberno de progreso fixo globalmente unha boa xestión da sanidade galega.

A responsabilidade persoal

Todos os anos, nos meses máis duros do inverno, hai fortes nevaradas que deixan illadas algunhas aldeas da alta montaña e que impiden a circulación dos vehículos en certos puntos da xeografía.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.