Artigos de Xoán Vázquez

A fuxida de Quintana ou o liderado do BNG

Quintana vaise, ou foise. E foise na acertada compañía do silencio, como é de esperar dunha persoa sensata e prudente. Non se albisca resentimento por ningures, non houbo chamados á "depuración" daqueles que puideran ter ideas diferentes. Velaí reafirmada a sensatez e prudencia e exaltada a dignidade. A dignidade sempre vai mellor coas modestas indumentarias, nas elocuencias do silencio cando este é chamado a facer as funcións de fala. Non todo precisa de ser gritado. Nun ámbito político, tal o noso, cunha notable urticaria á democracia que imposibilita o desenvolvemento de primarias limpas e transparentes, o retorno de Quintana amósaseme moi improbable, a capacidade de mobilización e rexeneración democrática dos que quedan, inerme.

UPG ou a identidade propia do BNG

Que a Unión do Povo Galego (UPG) é o partido hexemónico do BNG é indiscutible. Partido comunista e patriota, así é como se define.

BNG, presidencialismo e liderado

Non abrigo dúbidas que aínda ha chover, a cántaros, antes das próximas autonómicas.

Galicia Hoxe ou a nosa identidade

Nós, os que atopamos na lingua un dos alicerces centrais da nosa identidade, non necesitamos de valoracións cuantificables, de se a lingua é usada por catrocentos millóns ou por catrocentos mil, é un dos soportes centrais da identidade cultural do pobo galego, todo o demais é relativo.

A fala somos Nós

Día das Letras, efeméride designada para recoñecer e exaltar aos que na nosa lingua embocaron o mellor das súas colleitas.

Misantropías e alleismos

Hai cousas que son incribles. Entre elas claro que non conto que una persoa de talla un día calquera poida dicir una burrada; iso máis ben amósaseme una coherencia inapelable, e aínda tamén desexable.

Sobre as tradicións e identidade

(Con motivo da Semana Santa presento este vello artigo –reflexión- que para a Semana Santa foi escrito, e só pode ser repetido)

A revolta dos animais

Neste algures onde eu vivo, a sátira de George Orwell, Animal Farm (coñecida e galego como A revolta dos animais ou A granxa dos animais), téñena como lectura axeitada para o estimulo de mentes adolescentes, observación que abrangue tódalas miñas simpatías.