Rematou a festa do fútbol, gran festa da que moito desfrutei, e a medida que imos retomando a realidade vella, as cousas que alí estaban antes do gol de Iniesta alí fican todas elas: o paro, 20%; o pobo catalán, frustrado; as perspectivas económicas, arrepiantes; e a lingua propia do noso pobo afogando nos vertedoiros do desprezo.