Artigos de Xoán Vázquez

Alternativas galeguistas

Así como nas opcións progresistas estamos plenamente representados, desde o PSdeG, indefectiblemente vinculado ao PSOE e reconciliado co Estado das Autonomías; o BNG, cunha visión de Estado moi diferente e mesmo abertamente independentista; e as Mareas, que tratan de pescar nos caladoiros duns e doutros. Para o ben do país, tería sido de proveito que no centro-dereita tamén xurdise algo de pluralismo con alternativas galeguistas. É anómalo que o galeguismo non teña fogar no centro-dereita.

Cochos entregados aos reclamos do bacieiro

Neste falso modernismo no que estamos embarrancados, cando falamos do roubo axiña corremos a pensar nas cousas materiais, moitas delas mesmo prescindible ou de mínima incidencia nas vidas das persoas. Primeira gran victoria do gran depredador: convencernos de que o único que ten valor é aquelo que se pode apalpar; reducindo así a nosa existencia a de cochos entregados aos reclamos do bacieiro. De aí a servidume non xa nin hai un paso; é servidume.

De aí a Venezuela, a carreiriña dun can

Semella que os resultados destas últimas eleccións aínda han ser máis inservibles cós das anteriores, que xa é moito dicir. Ultimamente as colleitas andan mal: máis xoio ca trigo. Os das anteriores presentábannos a posibilidade dun goberno de coalición amplamente representativo e capaz de facerlles fronte aos múltiples desafíos que nos axexan. Externos e domésticos. Dos foráneos, destáquese a presenza rusa, que usando o milenario truco de dividir e conquistar, animados pola nosa permisividade, pobreza de espírito e proclividade á traizón, cravou os ollos en España a agarda de debilitala ata poder presentala esnaquizada ante o mundo como demostración da súa capacidade de influencia como gran gran potencia, que xa non é.

Por la Gracia de Dios

“La democracia está por encima de la ley”. Se esta lixeireza che colle cedo pola mañá, os sensos aínda máis atentos ao cheiro do café cá suma de ocurrencias e disparates de días anteriores, que ben soan esas palabras; ata semellan abranguer unha sentenza filosófica destinada a engrosar o acervo, para gran honra e orgullo de tódolos patrios eidos. Pero os crepúsculos matutinos son breves e inespertos gaioleiros, e aínda os máis raposeiros sucumben ante o primeiro pestanexo do albor.

Campaña electoral de momias e ósos

De tódalas ideas e propostas que teño lido sobre os posibles usos para o Valle de los Caídos, confeso que unha das que máis me chama é a de deixalo que caia na ruína. Sería unha ruína útil, en consonancia coa historia, daquela ergueríase nunha gran metáfora do que sempre representou e sempre foi.

A verdade, un nacronismo

O deterioro da verdade, ao abeiro dunha hipocrisía inconmensurable, adquiriu tal dimensión que xa nos queren ensinar a aplaudir (lexitimar) ata aos mesmos cómplices de ETA, asesinos confesos, e ao tempo maltratar a cidadáns (paisanos, veciños, mesmo familia) que sinta a inclinación circunstancial de arrimar o seu vote a un partido que defenda valores diferentes, coma se a mesma democracia non dependese precisamente diso, coma se a honorabilidade dos partidos máis grandes e de máis raigaño non estibese condicionada precisamente pola ameaza dos que desde os antípodas lle tratan de partillar os espazos sociais. Ou sexa, a propia democracia baixo ameza de morte. A esencia mesma da democracia, un estorbo.

Na auto negación do vencido

O peor non é ter pouco, que iso ten remedio; o verdadeiramente triste é ter pouco cando aínda se merece moito menos. E que pode merecer unha sociedade que renuncie aos seus dereitos máis básicos e fundamentais?

De mafias e mortizos

E moito o que se ten falado das deficiencias máis perniciosas da nosa sociedade: aquilo do fracaso escolar; as apoloxías ao alcoholismos neses botellóns semanais; do porqué de non podermos alcanzar os niveis industrias de Alemaña, Francia ou Holanda; do porqué de resistirse o paro, a precariedade laboral, ou o de non reverterse unha natalidade propia dun país suicida.