Artigos de Xaquin Campo Freire

Carta aberta para Balbino na morte do seu pai

Querido Balbino: Conmóveme profundamente verte chorar hoxe. Porque eu tamén choro. Coñecémonos desde hai corenta e seis anos. Foi da man dun amigo común, D. Manuel Espiña Gamallo. Cando me falou aquel día de teu pai e de ti fiquei prendado de vós. Canto vos queremos na miña familia desde o día que eu vos metín na casa da miña nacenza! Mesmo me parece coma se fósemos dos primos máis levados. E de verdade é así.

Carta aberta aos novos políticos sobre a lingua galega

Meus benqueridos donas e cabaleiros: Primeiriño de todo, os meus respectos e manifestarlles as miñas esperanzas. Digo esperanzas, porque despois do ataque desapiadado, constante e sen nome do Señor Núñez Feijoo ao herdo espiritual meirande que nos legaron os nosos maiores, non só estou abraiado, como teño manifestado en múltiples artigos, senón que coma no inferno da Divina Comedia do Dante tiña perdida toda esperanza e vía irremisibelmente arruinada a nosa fermosa lingua. Pero coa chegada de vostedes mesmo me parece querer ver que algo moi importante pode de verdade mudar.

Cando hai un ideal na vida, lóitase por unha vida con ideais

A preocupación central, case exclusiva, dun recluso céntrase en saír en liberdade. É lóxico. É sinal de vida e de esperanza.

Só sei unha palabra: Grazas!

Onde hai cárceres, tamén hai un hospital de referencia. Alí adoita estar constituída unha unidade de custodia para presos. Moitos están moi doentes e sempre moi sos. Moi doentes e moi sos. Pero coa alma aberta ao agarimo, á amizade e quizais esperando unha gran reconciliación coa súa propia vida, con Deus, coa súa familia, coas vítimas. Hai fame de paz e palabra, Pero sobre todo de escoita activa e empática.

Homenaxe a Julia, costureira de aldea

Querida Dona Julia Santiago López: Hai xa 18 años, na misa dos domingos de Mandiá, sempre me viñas saudar coa delicadeza que te caracterizou sempre e con esa túa voz suave e agarimosa. Logo viámonos en diversas actividades parroquiais e nas excursións. Sempre alegre. Así foi nacendo entre nós unha amizade.

Eu fago voto de fidelidade, aínda outra volta, á língua galega

Acabo de ler no GC o artigo "Galegos para sempre", do que recomendo a lectura. Contra esta eiva, hoxe lánzase a campaña "Galegos para sempre", na que colaboran varias funerarias e unha parroquia de Carballo.

O tempo vai de Parga á Pastoriza

A Pastoriza de Díaz Castro. O universo íntimo de poetización de Díaz Castro está determinado polos recunchos pequenos das súas contornas próximas. É o poeta dos detalles mínimos: Isto vese moi claro nos exemplos que emprega se analizamos Nimbos: A Ponte-Gafín, A Corda, Arxán. O Carmio, (o do Buriz, próximo á súa casa), O Porto-Muíño. Lugares todos moi ben coñecidos aínda hoxe por todos nós os que desta terra somos. Do mesmo xeito está determinado pola fala e léxico da fitozoonimia. Sempre son as da súas contornas vivenciais. Non alleas.

Rehabilitar. Reinserir. Resociabilizar

Dinos a Constitución (art. 25, § 2) “As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán encamiñadas cara a reeducación e reinserción social e non poderán consistir en traballos forzados. (...) En todo caso, terá dereito a un traballo remunerado e aos beneficios correspondentes da Seguridade Social, así como ao acceso á cultura e ao desenrolo integral da súa personalidade”.
Xaquin Campo Freire Nado en San Xiao de Roca-Guitiriz, Lugo, en 1937. Licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria por Roma. ATS-DUE. Experto Universitario en Enfermaría Comunitaria e tamén en Urxencias e Coidados Itensivos. Diplomado en Coidados Paliativos. Traballou de enfermeiro no Hospital Marcide de Ferrol e no PAC de Fene. Foi capelán da Residencia de Anciáns de Piñeiros-Narón. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e Director da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa “Mons. Araúxo”. Membro das Sociedades Española e Galega de Xeriatría, do consello de redacción da Revista “Encrucillada", da Asociación de Escritores en Lingua Galega e participou con ponencias en diversos Congresos. Ten escrito numerosos artigos relacionados coa saúde. Leva varios anos exercendo un voluntariado no Cárcer de Teixeiro (A Coruña). Ten dous libros escritos. 1) A viuvez na Pastoral da Saúde. Un estudo sobre da viuvez na Galiza. 2) Ese que está no cárcer é meu irmán. Sobre a vida dos nosos reclusos e as súas familias, sen esquecer o problema das vítimas.