Artigos de Xoan Hermida

España como problema, Catalunya como solución?

Cando se iniciou por parte da sociedade civil catala o movemento de autodeterminación, tras o proceso fracasado da vía de reforma estatutaria para modificar as relacións de Catalunya con España e de paso forzar unha vía federalizante no estado, dúas foron as lecturas que del se fixeron. Unha en clave de democracia radical a outra en clave exclusivamente nacionalista.

Aquel 15 de xullo, este 15 de xullo

Cando o 15 de xullo de 2014 lanzábase o manifesto da Marea Atlántica, moitas activistas de diferentes cidades e vilas galegas recibíamos o chamado como propio, coa mesma ilusión que poucos anos antes recibiramos ao 15M, e coa esperanza de que servira de impugnación total ao xeito de construír a política desde os partidos.

Sondaxe acerta, La Voz de Galicia varre para casa

A ausencia dunha alternativa xornalística de país ten convertido ao longo dos anos a La Voz de Galicia no xornal que vertebra, marca as axendas e mesmo condiciona –máis de xeito simbólico que real– a actuación dos partidos políticos.

Apuntes urxentes sobre a primeira crise da nova política

O episodio de cambio deconstituínte/constituinte que estamos a vivir tivo as súas primeiras sinais claras no inicio da década anterior coincidindo coa fisura na placa tectónica nacional vasca e catalá (Plan Ibarretxe, Estatùt de Catalunya) e coas mobilizacións de Non a Guerra! e do Nunca Máis, e ten o seu arranque simbólico no 15M.

A contenda pola nova democracia continúa despois das autonómicas (I)

Pasados xa uns días desde as eleccións autonómicas e tras achegarme a diferentes interpretacións, na maioría dos casos descontextualizadas do período de ‘cambio de orde’ no que estamos inmersos, observo entre atónito e perplexo como a moitas das voces so intentan sacar rédito político de parte dun análise que por forza é complexo, aínda que para iso asuman o relato dominante que nos venden os medios empresariais de comunicación.

Primarias abertas na Marea

Vivimos tempos de sufrimento e de ilusión. Tempos nos que unha parte importante da nosa poboación non ten posibilidades de chegar a fin de mes e esta a padecer as consecuencias das políticas de recortes e de austericidio, mentres que outro sector que pensou que o seu modelo ‘feliz’ de vida e consumo era irreversible observa como o seu soño queda enterrado baixo os cascallos do estoupido de diferentes burbullas especulativas.

En realidade sempre houbo un único proceso

O actual alcalde de Compostela, e a súa vez unha das voces máis respectadas no ámbito do que poderíamos chamar esquerda nacional, Martiño Noriega, afirmaba, hai uns días, que non ‘nos podíamos permitir dous procesos de confluencia’.
Xoan Hermida Xoán Hermida González naceu en Pontevedra en 1965. Licenciado en Historia Contemporánea pola USC, Master en 'filosofia, cuestións actuais' e Doutor en Xestión Pública pola USC. Estivo ligado a diversos movemento sociais coma os Comités anti-Otan ou os CAF. Foi membro do Consello Confederal da CXTG, secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Parlamentar Mixto entre 1997 e 1999. Activista altermundista, participou no primeiro foro social europeo en Firenza. Foi Director da ONG AMARANTE desde outubro de 1999 a outubro de 2007. Foi coordinador nacional de Espazo Ecosocialista de febreiro de 2012 a xuño 2015. En maio de 2018 dimitiu da súa acta de deputado no Parlamento de Galicia, tras 12 días de aceptala, nos que quixo visibilizar a necesidade de situar á ética no centro da política. Na actualidade dirixe o Foro Obencomún e participa da Marea Pontevedra. Autor de varias obras ven de publicar con Galaxia a obra “Galicia no labirinto da nova política”.