Artigos de Alberto Quian

Desinformación e rumoroloxía nas redes sociais: o caso ‘Salvados’ vs Unesa

A polémica en Internet sobre o caso do programa 'Salvados' vs Unesa é o enésimo exemplo de como os rumores e as desinformacións se expanden masivamente polos medios sociais sen verificar datos nin feitos.

O ocaso da información e o fulgor da opinión e da propaganda

Ao máis puro estilo do nazismo, Francisco Marhuenda publica na portada de La Razón os rostros, os nomes e o historial de cinco estudantes para sinalalos, ridiculizalos e criminalizalos ante a opinión pública. La Razón é o elemento máis esperpéntico do crecente extremismo nos medios españois, especialmente nos conservadores, convertidos en aparatos de propaganda.

Redes sociais: un novo reto para os fact-checkers

De que maneira están a cambiar as redes sociais o xornalismo? Están a modificar a forma de exercer a profesión? Quen verifica o que se difunde nas redes sociais e pasa a ser publicado nun xornal? Que é verdade e que non? Estas son algunhas preguntas que aínda hai que resolver no eido da información xerada e distribuída en internet e, en particular, nas redes sociais, onde a inmediatez e as présas xogan contra o rigor e a profundidade do labor xornalístico.

Cara á aniquilación da información e do coñecemento

A edición dixital de Xornal de Galicia foi liquidada e, con ela, a súa hemeroteca, patrimonio informativo, memoria dos galegos, metarrelato dunha década na historia de Galicia. A desaparición deste patrimonio ten que ser un toque de atención, unha alerta para todos nós.

Crise dos medios en Galicia: realidades e ficcións

O peche de Xornal de Galicia reabre o debate sobre as axudas públicas aos medios de información privados.

O ocaso da acampada de Sol

O desencanto arredor da acampada en Madrid esténdese entre moitos cidadáns que creron nunha revolución civil contra o sistema político, financeiro e social, e agora ven como se perdeu o foco sobre a orixe do movemento 15M.

Aposta por Cabozo

Galicia Confidencial converteuse no primeiro medio de información presente na rede social galega Cabozo. Un paso natural e lóxico que deu este diario online na súa estratexia de consolidación como medio profesional e de referencia en Galicia.

Xogos de guerra

Un xogo duns nenos de Paquistán simulando un ataque suicida indignou á sociedade occidental e levantou unha onda de críticas de medios de comunicación e ONG.
Alberto Quian Doutor en Investigación en Medios de Comunicación, Premio Extraordinario de Doutorado 2015-2016 e profesor de Xornalismo na Universidad Carlos III de Madrid. Naceu en Vigo o 7 de agosto de 1976. No ano 2000 comezou a súa carreira como xornalista en Faro de Vigo, ata que en 2008 deu un xiro co Posgrao en Xornalismo Dixital da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Dende entón desenvolve o seu traballo no eido dixital como especialista e investigador. Coa súa tese especializouse en ética e cultura hacker. É responsable de Redes Sociais e da área de Ciencia de Galicia Confidencial, labor que compaxina coa súa labor como investigador e con traballos para distintas empresas públicas e privadas no eido dixital e en medios tradicionais. Twitter: @AlbertoQuian. Autor do libro: 'El impacto mediático y político de WikiLeaks'.