A deficitaria patraña do déficit público

Opinión - 15 Abril 2012

0. “No vacilaremos en tomar las medidas oportunas para lograrlo. Nuestro primer objetivo es el déficit, el segundo es el déficit y el tercero, el déficit”, así xustificaba o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, o maior recorte orzamentario da democracia no estado español, que se sitúa nos 27.300 millóns de euros. Sirva o mantra de Montoro para introducir as presentes liñas que falan da coartada para o recorte, o déficit e, unido a el, a débeda pública.

Traballar máis por menos?

Opinión - 20 Marzo 2012

Un comeza a estar xa farto de tanta tontería, de tanto disparate verquido sobre as persoas que traballan na función pública. Funcionarios hainos de distinto tipo, desde os que están mellor tratados até os que están abaixo, en función do tipo de oposición aprobada, do mesmo xeito que na privada os cargos directivos 'mexan' por riba do salario do salario que gañan os traballadores e traballadoras.

Nós e o medo ante a dereita

Opinión - 27 Febreiro 2012

Non é doado falar do medo. "O medo garda a viña e non quen a vindima", "O que ten cú, ten medo", recóllese no Refraneiro galego de Taboada-Chivite. O saber popular sempre deu forma de sentenza ao medo: quizais, unha forma de dominalo.

A fábula do Deus-Mercado

Opinión - 15 Febreiro 2012

Todo acontecera un venres. Como a traizón. No remate da semana laboral para moitas persoas. Sen querer deixar tempo de reacción. Un luns sería máis doado organizar toda unha semana de contestación. Mais, aínda así o escándalo estalou, pero todo era máis controlable. Para os máis contestatarios, o máis aldraxante foi comprobar, ao día seguinte, que omitiran de forma deliberada na súa presentación pública detalles non tan pequenos que amosan a baixa catadura moral dos suxeitos.

Novas coiteladas desangran o ensino público

Opinión - 06 Febreiro 2012

Vaiamos por partes, xa que a semana foi intensa en malas novas para os que defendemos a educación pública. Malas novas que foron anunciadas –e vendidas como se fosen un favor á sociedade- polos responsables de educación no Estado e en Galicia.