Opinión - 10 Xullo 2012
46 minutos. Poden ser poucos. Ou moitos. Depende da subxectividade coa que nos enfrontemos ao acto en cuestión. 46 minutos. Ese é o tempo que dura a charla-exposición do ministro Wert sobre a reforma da educación non universitaria dada no think tank de dereitas da FAES.
Opinión - 10 Xuño 2012
Non é doado facer escoitar as voces dos que non teñen voz. Por momentos case nen ousan berrar que traballan aquí, entre nós, ou máis ben que sobreviven, a expensas de manter a documentación en regra e vendo como as diferentes medidas lexislativas (a última a da atención sanitaria) só procuran afogalo...aínda máis.
Opinión - 15 Abril 2012
0. “No vacilaremos en tomar las medidas oportunas para lograrlo. Nuestro primer objetivo es el déficit, el segundo es el déficit y el tercero, el déficit”, así xustificaba o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, o maior recorte orzamentario da democracia no estado español, que se sitúa nos 27.300 millóns de euros. Sirva o mantra de Montoro para introducir as presentes liñas que falan da coartada para o recorte, o déficit e, unido a el, a débeda pública.
Opinión - 20 Marzo 2012
Un comeza a estar xa farto de tanta tontería, de tanto disparate verquido sobre as persoas que traballan na función pública. Funcionarios hainos de distinto tipo, desde os que están mellor tratados até os que están abaixo, en función do tipo de oposición aprobada, do mesmo xeito que na privada os cargos directivos 'mexan' por riba do salario do salario que gañan os traballadores e traballadoras.
Opinión - 27 Febreiro 2012
Non é doado falar do medo. "O medo garda a viña e non quen a vindima", "O que ten cú, ten medo", recóllese no Refraneiro galego de Taboada-Chivite. O saber popular sempre deu forma de sentenza ao medo: quizais, unha forma de dominalo.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting