Artigos de Emilio Martinez

Si, pero non así

Hai unha intervención de Pablo Iglesias que estes días venme á cabeza. É cando interpelado por uns xornalistas, sobre a posibilidade dunhas segundas eleccións, respondeu que Podemos estaba cómodo nas campañas electorais, que se lle daban ben. Houbo segundas eleccións e a realidade doulle unha tremenda labazada na forma dun millón de votos menos que os acadamos apenas uns meses antes. Xa di o refrán que cuspir para arriba as veces trae desagradables sorpresas. As veces os erros son unha oportunidade para aprender, pero aprender esixe esforzos e non parece que os líderes de Podemos ou Izquierda Unida, sexa por separado sexa polo xunto, estean dispostos a facelos.

Gañou Ecuador

Tal vez en días anteriores a concentración fora mais numerosa, pero aquel día, luns 10 de abril, a primeira hora da noite, a poucos de metros da sede do Consejo Nacional Electoral ecuatoriano, na Avenida 6 de Diciembre de Quito, apenas eran un par de centos de persoas, as que denunciaban o suposto fraude electoral na segunda volta das eleccións presidenciais. O grupo víase menos numeroso que a multitude de vendedoras de mazurcas de millo asadas, salchipapas ou bandeiras ecuatorianas que tentaban aproveitar a ocasión para facer negocio.

A persecución

Fai algo mais de 50 anos, en 1966, Arthur Penn dirixiu unha das súas películas mais coñecidas: “The Chase”, que por estes pagos foi distribuida co título de “A Xauría Humana”, no canto da tradución literal: a persecución, a caza.

Buscando desesperadamente outro YAK 42

A historia é ben coñecida. A mañá do 26 de maio de 2003 un avión da compañía UM Airlines, fletado polo Ministerio de Defensa español, chocaba contra o monte Piluv, no este de Turquía. No accidente morrían 62 militares españoles, voltaban de Afganistan e Kirguistan, morrían tamén os 13 tripulantes da nave.

Un dos nosos

A Joe Pesci déronlle, en 1990, o Oscar ao mellor actor secundario pola súa actuación, facendo o papel de Tommy DeVigo, en “Un dos nosos” (“Goodfellas”, “Mafiosos” ), a película dirixida por Martin Scorcesse ganou tamén 5 premios BATFA, un León de Plata en Venecia á mellor película e o premio do Círculo de Críticos de Nova Iorke.

A orfandade da derrota

O dito é vello, moi pouco postmoderno, pero como por tantas outras cousas por el non pasa o tempo: a derrota sempre é orfa, mentres a vitoria ten mil país e mil nais. A derrota é ese neno, apenas envolto nunha pequena manta, deixado á porta dun convento na noite, ninguén se quere facer responsable.

O poder do diverso

A Marea ten candidato e ten candidaturas. O éxito das primarias celebradas, coa participación de mais de 10.000 persoas, o altísimo grao de apoio a Luis Villares como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, desataron os temores da dereita e do conglomerado de medios de comunicación que dela dependen. Apostaba a dereita e os seus voceiros porque as diferentes sensibilidades das forzas progresistas non foran quen de poñerse de acordo nuns mínimos que lle permitirán presentar unidos ás eleccións do 25 de setembro. Calquera diferenza, calquera debate era amplificado nestes medios, nomeadamente La Voz de Galicia, ao grado superlativo.

Quito: Outro camiñar, outro ollar

Si o viaxeiro fai parada en Quito por apenas un par de días, as recomendacións do que visitar non teñen moita dúbida. O seu centro histórico, declarado Patrimonio Histórico da Humanidade pola Unesco en 1978, é a visita obrigada que consumirá a maior parte do tempo dispoñible.
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.