Foi un gran acerto que na presentación do novo GCTendencias (moitos parabéns e azos) no Abastos 2.0 se presentasen unha nova cervexa artesá das adegas Menduíña, María Soliña, e a última novela de Pemón Bouzas, A voz do vento, na que se afonda no personaxe histórico de María Soliño, un dos mitos galegos universalizado nun poema de Longa noite de pedra.