Artigos de Manuel Bragado

Emocións

Comprendo a indignación que Beiras expresou onte no Parlamento Galego de forma abrupta exixindo un pouco de ética a Feijóo que volvía ofendelo de forma moi groseira e desapiadada.

O fracaso de Gaiás

Acertou Alberto Núñez Feijjo cando de forma inesperada mandou aos deputados do Grupo Popular apoiar a moción do BNG solicitando á Xunta a paralización definitiva das obras pendentes do complexo da Cidade da Cultura no monte Gaiás.

O BNG con Vence

Todas as informacións que coñecimos onte sobre o desenvolvmento da XIV Asemblea do BNG amosan que desta volta a fronte nacionalista si que imprimiu unha importante virada. A mudanza do portavoz nacional e do oitenta por cento da executiva, elixidos case por unanimidade, así como a inequívoca deriva programática cara un proxecto soberanista, homologable aos de Esquerra Republicana ou Bildu, abren unha nova etapa para a organización hexemonizada pola UPG. Tras o fracaso da asemblea de Amio de hai pouco máis dun ano, que levou á fractura da organización e ao fracaso nas Autonómicas de novembro, na de onte o BNG gañou en cohesión e capacidade de innovación programática, achegándose ao modelo organizativo do BN-PG da Reforma Política.

O galego, materia troncal

Por moito que lamentemos o inicio dos trámites por parte da Xunta de Galicia para recorrer diante do Tribunal Supremo a sentenza do TSXG sobre o decreto de plurilingüismo, non podemos esquecer o risco que supón que no anteproxecto da LOMCE a lingua e literatura galega non sexa considerada como materia troncal no currículum da ESO e do Bacharelato.

Ferrín

A demisión de Ferrín provocoume unha sensación moi agre de melancolía e profunda tristeza.

A tristeza de Beiras

Grazas a Youtube puiden ver á noite algunhas das intervencións do pleno do Parlamento galego en xornada pouco axeitada como a dun martes de entroido.

Tirar do fío

Tras a incrible interpretación de Cospedal negando de raíz calquera relación da dirección do PP cos sobres de Bárcenas e a súa contabilidade oculta, era inevitable que Rajoy continúase na súa comparecencia (sen xornalistas e sen preguntas) polo mesmo camiño.

Soberanía

A aprobación por unha maioría clara do Parlament de Catalunya da Declaración de Soberanía supón un fito no proceso histórico de autogoberno de Catalunya.