Opinión - 02 Marzo 2012
Naceu no ano en que unha revolución favoreceu o retorno ao poder do xeneral Espartero, a figura máis senlleira do progresismo español no século XIX. Tan importante foi que lle ofreceron a coroa de España denantes de se proclamar a Primeira República (1873). Alcumárono como o Washington español.
Opinión - 09 Febreiro 2012
O pasado domingo 5 de febreiro a Asociación Ecocultural Búrbida organizou un acto arredor de Luís Soto, quen fora mestre entre 1934 e 1936 en Mondariz. Recibimos o convite para dirixir unhas palabras arredor do protagonista.
Opinión - 12 Xaneiro 2012
No Irixo pasa que manda máis o alcalde có pobo. Concibe a práctica democrática como unha actividade singular de catro en catro anos. No medio, calados. Xa está el para mandar que para algo delegou a cidadanía o seu poder político. Así conciben a democracia: eu son elixido, eu son quen mando. E punto. Así pensa Manuel Penedo, alcalde do citado concello.
Opinión - 04 Decembro 2011
Urbano Lugrís González. Fillo dun presidente da Academia Galega (Manuel Lugrís Freire) e dunha pianista (Purificación González). Afillado de Francisco Tettamancy (vello militante da Cova Céltica). Amigo de Antón Avilés de Taramancos ou de Álvaro Cebreiro. Pai de Urbano Lugrís Vadillo.
Opinión - 14 Novembro 2011
No silencio dos camposantos amoréanse milleiros de defuntos. Hainos ilustres, senlleiros na historia por méritos que a sociedade recoñeceu. Hai panteóns con varios nichos da familia e hainos cun único nicho. Hai tumbas feitas na terra e outros están afuracados no granito.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting