Artigos de Lois Pérez Leira

Beiras

Chamoume a atención as declaracións realizadas polo actual alcalde de Compostela Martiño Noriega ante a pregunta da xornalista Fernanda Tabaré de V Televisión, que de forma directa pregúntoulle si para el tería que ser Xosé Manuel Beiras o candidato para presidente da Xunta de Galicia.

¿Unidos Podemos ou non Podemos?

Aínda que o acordo final electoral de Podemos e Esquerda Unida é totalmente favorable á primeira organización que, de feito, traga a esta última, o certo é que existe un clamor popular para presentar unha alternativa que poida desprazar á dereita do goberno.

Operación “Matar ao pai”

Freud serviuse do mito para abordar a cuestión do pai. O mito de Edipo, tomado de Sófocles, o mito do "Urvater", e a "construción mítica" sobre a morte de Moisés, a partir do texto de Oseas, mostran a recurrencia freudiana ao mito para dar conta da función do pai, tanto a nivel do suxeito como da masa. Freud de forma esaxerada describe o concepto de “Matar ao pai” como unha figura metafórica dramática para expresar o proceso no que un se libra de tutélaa para voar libre, fóra da influencia familiar, especialmente do rol que xoga o pai, como autoridade vertebradora do grupo familiar. Logo será Lacan o que retome esta metáfora, para profundar no tema.

Beiras presidente

O rumor de adianto electoral en Galicia esta a a orde do día. Seguramente Núñez Feijoo queira facer coincidir as eleccións galegas coas estatais, no caso de que estas sexan convocadas por falta de acordo de goberno.

O goberno que o Estado precisa

As recentes eleccións xerais xener­aron unha nova situación política. Por u­n lado, o Partido Popular non logrou a ma­ioría absoluta e non conta cos avale­s necesarios para gobernar. Por outro lad­o, ábrese por primeira vez unha perspecti­va de goberno progresista.

Crear un novo instrumento político da esquerda patriotica, anticapitalista e socialista galega

Declaración pola unidade da esquerda anticapitalista e os dereitos nacionais dos pobos.

Cachetada contra o réxime

Non coñezo o motivo individual da acción de violencia cometida polo mozo de Pontevedra A.V.F. de 17 anos contra o presidente Mariano Rajoy.

Porque votaremos por Nos, candidatura galega?

Fun militante do BNG, mesmo candidato a concelleiro fai xa algúns anos, cando era alcalde da cidade de Vigo, Lois Pérez Castrillo. Logo con outros compañeiros por considerar as posicións desta organización como posibilistas, cando falaban de que non eran de esquerdas nin de dereitas -igual que agora Podemos- ou que o obxectivo quedábase en máis competencias para Galicia, decidín marcharme. Non era o meu lugar de militancia. Este posibilismo logo manifestouse no bipartito, que gobernou a Xunta de Galicia.
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.