Artigos de Félix Soria

O eclecticismo xoga a prol do cianuro

O eclecticismo (do verbo grego “eklegein”, escoller) é unha escola da filosofía (en grego, amor á sabiduría) cuxo método de estudo consiste en coller distintas visións da realidade máis diferentes ideas e criterios doutras escolas filosóficas e de todo tipo de disciplinas, e mesturar todo coa finalidade de construír unha tese uniformadora ou universal na procura da inasequible verdade… Os resultados aos que chega quen practica o eclecticismo sempre son persoais, pois filosofar de xeito ecléctico permite conclusións ao gusto do pensador ou de quen consumirá a súa tese, xa que logo é posible xustificar unha cousa e a contraria.

Baltar, o Rei e as estampiñas do Estado

Nin Baltar é o derradeiro cacique, como algúns medios afirman co gallo da acción xudicial contra o césar ourensán, nin Juan Carlos de Borbón é o principal problema do réxime democrático como suxiren algúns analistas. En principio, o ex-presidente do “cantón” ourensán e o xefe de Estado son personaxes distintas e distantes, pero son figuras complementarias que axudan a comprender a esencia do Estado español.

Na Galicia ven de ser atopado outro “petroglifo” de alto valor histórico

Hai moito tempo que non tiña acceso a un documento histórico da relevancia do que veñen de difundir GC e outros medios galegos: As declaracións da señora Amalia, a muller residente en Ferrol que chamou á Radio Galega e amenazou ao xornalista con reclamar ao presidente da Xunta que poña límites ao uso do galego na Radio Galega.

Os cidadáns españois temos que voltar ao rego para ter futuro

Aínda que o xornalista Luis Carandell Robusté faleceu no 2002, o seu libro “Celtiberia Show” aínda hoxe non está rematado. Nembargantes, Carandell ten moitos amigos que axudan a completar o seu traballo, e os ten tamén nas institucións de reino, como ten demostrado estes días o ministro de Educación, José Ignacio Wert Ortega (Madrid, 1950), que é un toro disposto á re-españolización de España, que como moi ben saben vostedes sufre desde 1975 a destrución das súas esencias…

O ultranacionalismo do PP mete “medo” na Europa do capital

Aínda é cedo para facer unha análise en profundidade das consecuencias que terán os resultados das eleccións catalás, pois fai falla coñecer as argumentacións que farán uns e outros no debate de investidura de Mas e tamén o que decidirá o goberno central para, supoño, reconducir as relacións cos seus irmáns ideolóxicos, CiU.

O xornalismo non morre, mátano

Hai catro días, GC publicou “Xornalistas e Fuenteovejuna”, artigo de Manuel Pardo no que o seu autor fala dun fenómeno que está a medrar entre os profesionais da información: o aumento do número de xornalistas que cren estar ao marxe da realidade.

A “España de siempre” e a “Catalunya espoliada”

Para polémicas absurdas, a que manteñen o goberno central de España e o autonómico de Cataluña, máis algúns membros da Comisión Europea. A hipotética independencia de Cataluña é pouco máis que un desexo e, nembargantes, algúns xa están a pegar tiros dialécticos e, por riba, difundir parvadas.

O rei si sabe viaxar!, eu non

O xefe do Estado ven de recibir unha boa dose de realidade durante a súa estancia na India, pois, segundo dixo, os estranxeiros teñen unha imaxe de España máis boa ca dos propios cidadáns españois.