Artigos de José Blanco

Mariano vale por catro

Unha das grandes virtudes da presentación anual dos Orzamentos Xerais do Estado é a de poder confrontar os anuncios do Goberno coa realidade económica da lei orzamentaria. A final de contas, non hai máis prioridade política que a apoiada con euros contantes e sonantes.

Aposta pola convivencia

Os escoceses votaron de forma masiva e non deixaron lugar a dúbida: dixeron claramente non. Non a unha Escocia independente do Reino Unido, non á quebra da convivencia, non á ruptura co pasado, o presente e o futuro compartidos.

Que sexa o home o dono da historia

Marchou Adolfo Suárez. España prepárase para render homenaxe ao primeiro presidente da nosa democracia e farao de forma sincera e xusta aínda que, se mo permiten, probablemente tardía, moi tardía. E iso interpélanos a todos sobre a nosa capacidade como sociedade para recoñecer ás nosas figuras máis prominentes e para recoñecernos a nós mesmos nos nosos logros colectivos.

E niso chegou Rajoy e mandou calar

Víaselles felices en Valladolid. Viñan de semanas de cismas, de abandonos, de desplantes, de portadas. Así que decidiron reunirse, facer terapia de grupo, conxurarse contra os elementos. Espantar pantasmas. Pechar filas. E nese clima, e tras terse lamido coa crónica da derrota do eterno rival no seu xornal de referencia, o presidente veu arriba, envalentonouse e "mandou calar". Aplaudir e calar.

A lacerante realidade

Encantoume poder dicir hoxe que a Enquisa de Poboación Activa constata un cambio de tendencia e que o drama do paro empeza a superarse. Créanme, nada me gustou máis. Nada.

Xeografía da devastación

Carnota, Negreira, A Fonsagrada, Porto do Son, A Estrada, Lalín, Rianxo, Santiago, Cuntis, Gondomar, Castrelo de Miño, Toén, Pontecaldelas, Boiro, Lousame, A Mezquita, Mazaricos, Cualedro, Laxe, Palas de Rei, Padrenda, Manzaneda, Curtis, San Amaro, Navia de Suarna, Monterrei, Oia, O Rosal…

O valor e o prezo

Non sei se, como di o Goberno, España vai empezar a crecer a partir do ano que vén (algo que todos desexamos que se produza canto antes para poder empezar a reducir unha taxa de paro lacerante). O que si sei é que o que vai seguir decrecendo é o diñeiro nos petos dos cidadáns por culpa das decisións deste Goberno.

Hemorraxia laboral, sangría demográfica

As últimas estimacións de poboación publicadas polo INE revelan que entre outubro de 2011 e outubro de 2012 emigraron de Galicia 12.258 persoas, cifra que ascende a case 17.000 no últimos tres anos.