Artigos de Francisco Castro

España sen memoria

Estes días atrás morreu Videla, un señorito ridículo con bigote ridículo. Seica finou despois de caer no baño e por unha fractura e unha hemorraxia interna froito do impacto contra do chan. E sen desexarlle o mal a ninguén, tampouco aos fillos de puta, cómpre recoñecer que aínda tivo sorte e que non sufriu nin a metade do que sufriron moitos e moitas torturados polo seu réxime bárbaro.

Rouco Varela, director de informativos de TVE

Eu quero que Mariano Rajoy nomee director de informativos de TVE a Rouco Varela dunha vez, e que deixen de disimular. Que lle dean un despacho alí dende o que poder dictarlle aos redactores xefes e aos editores dos telexornais, que deben dar como nova e que non. El xa ten relación directa con Deus, asì que el só ten que interpretar o que a branca pomba diga e o locutor, ler.

Escudero, Fernández Díaz, Fabra: xente sen formar

O máis grave das declaracións de Beatriz Escudero, deputada do PP, durante o debate sobre a reforma da Lei do Aborto ao sinalar que as mulleres que máis abortan son as que menos formación teñen, non é que sexa unha trola coma unha casa (aínda que, en realidade, que importancia terá ese dato; é como se eu suliño que os que máis cartos teñen son os que máis corruptos están...pois haberá uns que si e haberá outros que non); o máis grave, digo, das súas declaracións, é que non nacen dos datos (que non se molestou en mirar e que sinalan xustamente o contrario, como calquera que lle dedique un mínimo de tempo a pensar sobre o asunto xa deduciría sen se esforzar moito), senón que nacen dun prexuízo, dun preconcepto aí instalado dentro do seu adn clasista, discriminador e, probablemente, machista.

A Xunta non quere aos escritor@s galeg@s

O pasado sábado estivemos, os escritores e escritoras de Galicia, xuntos na Coruña para celebrar a Gala das Letras que, cada ano, premia as obras que a xuízo do colectivo literato, foron as mellores do ano anterior. Por vez primeira na historia, e a pesar de ter sido convidados, segundo me confirman dende a directiva da AELG, ningún representante da Xunta acudiu. Estivemos sós. Ninguén do goberno galego quixo acompañarnos. Abandoados.

Beiras e Tito Vilanova

Unha das evidencias máis claras da sumisión absoluta dos medios de comunicación ao poder político, é que, á hora de informar sobre a puñada de Beiras sobre o escano de Feijóo, ningún se dignou a explicar a totalidade do suceso, quedando todo reducido á imaxe enfurecida do deputado e do seu puño pechado en primeira plana como todo argumento informativo.

A nai que os pariu (toda a puta vida)

A miña nai ten alzheimer. Moi avanzado e hai ben de tempo que é absolutamente dependente. Eu son o seu titor para todo o que teña que ver coa relación coa administración sanitaria. E hai uns días recibín unha notificación do Consellería de Traballo e Benestar informándome de que a partir de agora, copago sanitario para ela.

O bipartidismo monoteísta que cae. Por fin

Din os politólogos que a actual crise da política e nomeadamente dos dous grandes partidos pode producir, en vindeiras citas electorais, a ruptura do que ata o de agora se coidaba monolito intocable: o bipartidismo que, dende hai décadas, goberna a nosa realidade electoral. Porque aínda que tanto nos parlamentos "autonómicos" (manda carallo coa denominación) como no de Madrid, hai máis partidos que dous, na práctica, a meirande parte da poboación votante interpreta que ou que ten que gobernar o PP ou que ten que gobernar o PSOE (ou, no caso galego, unha alianza que, ata o de agora era PSOE-BNG e que, tal e como imaxino o futuro, xa non vai ser, se é que o PP perde a maioría absoluta, exactamente así...).

Feijoo non ten táboa de chocolate (nin o PP voces críticas)

E dou voltas polo twitter e pola tele e polo facebook e polos tres xornais que teño abertos enriba da mesa e dúas revistas e a radio, por certo, de fondo, información novas noticias reportaxes chíos rechíos rechouchíos... porque eu sonvos un tipo informado culto postmoderno cibernéticamente conectado á realidade cambiante fugaz efémera intensa de hoxe en día.