Artigos de Francisco Castro

Por unha literatura politicamente incorrecta

O outro sábado, Marilar Aleixandre leu un fermoso discurso durante a homenaxe que lle deu o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e que titulou 'A ledicia de ler', como réplica a outro non menos fermoso e moi emocionante de Fina Casalderrey.

Por vez primeira

Eu non sei se é certo que xa non se pode falar de loita de clases. Eu non sei se é certo que o mundo xa non é aquel que describiu Marx e que conseguiu explicar meridianamente ben en termos de dialéctica de intereses e de necesidade de superación das contradicións inherentes ao sistema. Eu xa non sei se é así ou non é así ou é pero non é ou era e xa non é ou nunca foi. De feito, xa non sei nada.

Nós, a xente

Era eu moi cativo a primeira vez que se me deu por pensar que a teoría da evolución tiña, no fondo, un erro profundo. E que non era certo que coa aparición do Homo Sapiens se chegara ao cumio da perfección no camiño evolutivo como con todo entusiasmo contaba a profesora de Ciencias Naturais. E sobre isto sempre dixen o mesmo: que o ser humano actual é o exemplo perfecto de que a evolución non existe, ou, en todo caso, que o que hai é involución.

A necesidade dunha Segunda Transición

Eu, coma todos es que andamos nos corentaetantos, crecimos abeirados a aquilo que se chamou, e se chama, A Transición, así con maiúsculas. Medramos escoitando que aquilo fora toda unha lección ao mundo de Como Había Que Facer Ben As Cousas, e que as dúas Españas fixeran esforzos durísimos para perdoarse e superar a conflito e ailalelo e ailalala. E fomos medrando, tamén, escoitando que menos mal que tiñamos un señor para tutelar todo o preceso, que ademais era un Rei que o Dictador deixara atado e ben atado antes de espichar, e que, de non ser por el, a ver como estariamos agora.

A min xa non me afectan tantas trolas

Hai ben de tempo que algúns nos queixamos de que a política a cada día que pasa ten máis de virtual que de real. Xa non só porque os que nos gobernan semella ás veces que falan dun país das marabillas que non percibimos o común dos mortais, cheo de brotes verdes e osiños de peluche rosas, senón porque, directamente, viven na inopia, á súa bóla, vendo a vida pasar dende a felicidade inconsciente de quen se sinte mellor superior máis alto máis guapo máis molón que o resto.

O príncipe feliz

O príncipe feliz é ese que esquía (en Candanchú, que parece o nome dun baile de Georgie Dann) e que pousa barbado, relaxado e ben abrigado para os paparazzi mentres espera a súa quenda, ano tras ano, paciente, para herdar a finca de papá na que, por certo, estamos todos incluidos coma servos. Papá, por certo, reláxase mentres no Pirineo. F

Nós tamén temos a culpa

Na tesitura actual, na que todo anda como anda, teimamos -e facemos ben- en atopar responsables a quen, claro, a propia palabra xa o di, facelos responsables da actual situación para que a paguen e, sobre todo, na crenza dupla de que así se fai xustiza e que, por outra parte, identificados "os malos", cambiar para mellor vai ser algo doado e case que automático.

A dignidade dos xornalistas e do xornalismo

Levo toda a vida defendendo que se hai un traballo realmente importante dende o punto de vista social ese é o de mestre ou mestra. Sobre todo, canto máis cativos son os pequechos que hai que atender máis crucial e máis difícil me parece o seu labor. E penso que nada hai máis importante que o labor que fan eses entregados profesionais que, de cada vez en condicións máis penosas, teiman en facer ben o seu traballo. Por iso sempre dixen que deberían ser os mellor pagados. E que ser profesor ou profesora debería de ser algo realmente honroso.