Artigos de X.A. Pérez-Lema

O perigosísimo alargamento do concepto do terrorismo

No réxime da democracia liberal a liberdade de expresión inclúe a crítica ideolóxica e política, mesmo para fins de transformación ou mesmo subversión da orde social. O límite é a comisión de delictos, de actos violentos.

Madrid: un (o) problema de Estado

A tensión xerada polas diverxencias sanitarias entre o Goberno rexional de Madrid e o Goberno do Estado fixo agromar, porén, un consenso implícito de ambos os dous Gobernos a respecto da especialidade da rexión madrileña como auténtica cerna do Estado, de xeito que Madrid é o núcleo fundamental de España e España só se podería entender dende o seu centro, dende Madrid.

O herdeiro e os caducos

Penso que á amplísima mayoría da xente non lle preocupaba nadiña a presenza de El Rei no acto do Consello do Poder Xudicial (CXPX) na Escola Xudicial de Barcelona o venres 25-S, xusto nestes intres de grave crise económica e sanitaria que habería centrar as nosas prioridades na saúde e nas cousas de comer. Porén, o noso xuizo a respecto da visita real non só habería ser de indiferenza, senón mesmo de oposición crítica, pois que as visitas do Xefe do Estado desque rematou o confinamento (Poblet-Catalunya, Compostela o 25 de xullo, Tui este día) o único que xeran son gastos esaxerados en seguranza e incomodos para a mobilidade da cidadanía, mentres xuntan só un pequeño fato de monárquicos entusiastas que adoitan vulnerar todas as medidas sanitarias.

Os dereitos das minorías nacionais

Hai agora 87 anos, o 18 de setembro de 1933, Galicia foi recoñecida como nación polo IX Congreso de Nacións sen Estado e Minorías Nacionais da Liga das Nacións (SDN), precedente da ONU.

O fracaso do Ingreso Mínimo Vital

O confinamento producido pola pandemia xerou a exclusión de millóns en todo o Estado e a UE, nomeadamente persoas que vivían de ingresos informais, persoas empregadas de fogar non protexidas e contratados temporais e eventuais, adoito a medio de ETT e empresas de externalización de servizos.

É urxente indultar aos presos políticos

Como avogado sei moi ben que o indulto para as nove persoas, presas políticas, soberanistas catalás non é ningunha solución en Dereito, pois que o indulto non extingue a responsabilidade criminal nin pode suprimir as penas de inhabilitación para cargos e funcións públicas (agás acordo, hoxendía impensábel, do Tribunal Supremo que condenou inxustamente estas persoas) nin as indemnizacións por responsabilidade civil. O indulto supón agardar a graza do Goberno do estado. Velaí porque considere lóxico que non o pidan nin as persoas condenadas nin as organizacións políticas e sociais ás que pertencen.

Caso Fuenlabrada. Corrupción no CSD?

A organización da liga profesional de fútbol (LaLiga) dispuxera o pasado maio, como adoito todas as tempadas, que nas dúas derradeiras xornadas das dúas divisións que organiza todos os partidos nos que se decidise un ascenso, descenso ou promoción se xogaran á mesma hora.

Os abaixo asinantes (Saving Private Borbón)

Despois da guerra de 1808-1814, cando as Potencias europeas que venceron Napoleón recoñeceron como Rei das Españas e das Américas ao pai do tataravó do Rei Emérito, 69 dos 212 deputados das Cortes de Cádiz refugou de toda a evolución liberal que viviran as Españas dende 1808 e asinou o chamado Manifesto dos Persas.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.