Artigos de X.A. Pérez-Lema

A pandemia da violencia machista

Na nosa sociedade quizais non exista outro problema que afecte tan directamente aos principais dereitos fundamentais (vida, integridade física e liberdades) como a violencia machista, tendo en conta o número de persoas atinxidas. Só no noso País a policía protexe 3.100 vítimas, case o 0,25% da poboación feminina total. E cumpriría engadir ao universo de persoas en risco aquelas que non denunciaron ou as que denunciaron e non tiveron acollida a xeito (que destas tamèn hai).

O bloqueo das solucións políticas

O proceso de debate do novo Estatut catalán de 2006 e máis o talante supostamente autonomista do Goberno de ZP sementaron en moitos a idea de que a Constitución española de 1978 era quén de evoluir cara un Estado plurinacional onde encaixaramos diversas nacións do Estado. Na Galicia tamén se avanzou substancialmente cara un novo Estatuto no 2006. Até o extremo que xa estaba consensuado un texto ao 95% entre PP, PSdeG e BNG.

O tripartito dinástico

O Xefe do Estado reivindicou a vía da represión e pechou a vía da negociación no seu discurso do 3-O e PP, PSOE e C´s asumiron a solución extrema-e inconstitucional-de cesar ao Govern e disolver o Parlament.

A toxicidade xurídica da Audiencia Nacional

A Audiencia Nacional (AN) determinou no 2008 en Pleno (é dicir, unificando criterios para todas as Seccións penais) que o delicto de rebelión nunca foi competencia desta Audiencia, Mais a xuiza da AN, Carmen Lamela, en decisión ratificada por unha das súas Seccións considérase competente para coñecer dos delictos de rebelión e sedición, modificando ese criterio firme establecido en Pleno.

A fin do estado das autonomías

A aplicación concreta por parte do Poder Central do artigo 155 da Constitución sobardou con moito o marco de intervención definido nese precepto para chegar a decisións abertamente inconstitucionais por anular radicalmente o autogoberno: cesamento do President e do Govern todo e secuestro da facultade presidencial de disolución do Parlament e convocatoria de novas eleccións autonómicas.

O novo decreto de nova planta

Despois de conquistar a ferro e lume a cidade de Barcelona o 11 de setembro de 1714, o rei Felipe (V) de Borbón promulgou en xaneiro de 1716, baseado no seu dereito de conquista, o Decreto de Nova Pranta, que suprimía as institucións catalás de autogoberno.

Arde Galicia

No solpor do domingo 14 de outubro os 80 lumes da longa ponte deixaran milleiros de hectáreas queimadas e un gravísimo dano ambiental e mesmo existía perigo para a vida humana e para infraestruturas sociais básicas. Estaba curtada a A-52 n’As Neves, a AG-57 (a autoestrada de Vigo a Baiona) á altura de Vincios-Gondomar e a OU-101 de Ourense a Maceda. O fume ateigaba a área urbana de Vigo.

O discurso de El Rei

O Xefe do Estado, na súa mensaxe do pasado 3-O, renunciou representar ao conxunto da cidadanía e demitiu do seu papel constitucional de árbitro e moderador das institucións para se converter no valedor do modelo social e territorial da dereita española.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.