Artigos de X.A. Pérez-Lema

Europa non é o problema

Falábamos hai días nesta coluna da decepción da cidadanía a respecto do proceso de integración europea, tendo en conta o seu déficit democrático, a falla de profundización na unidade política, a falla de control cidadán do Banco Central Europeo e ter adoptado unha unión monetaria sen establecer, ao tempo, un amplo Orzamento federal e a coordinación das distintas políticas fiscais.

Urkullu e o dereito a decidir

As recentes declaracións do lehendakari Urkullu cuestionando a viabilidade da independencia de Euskadi ( tendo en conta a interdependencia coa que vivimos na Unión EuropeaI xeraron certa polémica, polo que tiñan de manifestar unha certa renuncia aos obxectivos históricos dun importante sector do PNV, partillado dende outros sectores do nacionalismo vasco.

Unha débeda con Maruja Mallo

Galicia ten unha débeda coa xenial pintora Maruja Mallo (Viveiro, 1902-Madrid, 1995). Malia que naceu na Mariña Occidental, as súas lembranzas eran da Costa da Morte, porque viviu na súa neneza en Corcubión cuns seus tíos.

Jimmy, Alsasúa e a lei do funil

Dende pouco antes da chegada do aznarato, aló polos noventa, foi abrollando unha liña de opinión publicada que cualificaba os actos de violencia en razón da súa intencionalidade política. Mais aínda, que defende, polo menos implicítamente, distintas respostas sociais e xurídicas a esta caste de violencia, segundo de onde veña. As organizacións Frente Atlético e UltraSur defenden ideas de extrema dereita, moi agresivas cos galegos, vascos e cataláns que non asumen o dogma da unidade de España. Un extremista atlético matou ao realista Aitor Zabaleta no 1998 e outros da mesma corda a Jimmy no 2014.

Castro na historia

O réxime castrista (certamente unha ditadura) non pode ser comparado, nin na súa xénese nin na sùa evolución, cos réximes represivos de Pinochet, Videla ou Franco, que xurden de cadanseus golpes militares contra a legalidade constitucional. Nin tampouco coa revolución bolxevique de Lenin , que constituiu un golpe violento dunha minoría contra o goberno constitucional ruso. Calquera destes réximes baseouse nunha represión sanguiñenta, no que os mortos se contan por ducias de millares (mesmo por millóns no caso soviético), xa que o que se pretende é a aniquilación dos cadros políticos do adversario. Ninguén pode negar que no castrismo non houbera represión nin presos políticos, mais os níveis represivos non admiten comparanza ningunha.

Os límites da política institucional

O grande Jabois ven de entrevistar ao alcalde compostelán, Martiño Noriega, quen se amosou moi dubidoso a respecto de si o cambio social pode vir pola vía institucional. Velaí un tema fulcral, que latexa sempre nos procesos de cambio e que adoita ficar á marxe das reflexións dos seus actores políticos . Dicía Anxo Quintana no 2006 “chegamos ao Goberno, non chegamos ao Poder” e esa análise non mereceu reflexións ulteriores nin na súa propia forza política. É posíbel o cambio real dende a política institucional?

Trump e o medo ao cambio

H. Clinton acadou máis votos ca D. Trump (47,7% vs 47,5%) e éste non gañou en cidade ningunha de máis dun millón de habitantes. Mais o trunfo urbano da Clinton en todos os estados prósperos non lle deu a maioría do Colexio electoral, elixido en 48 dos 50 Estados (todos agás Nebraska e Maine) ao abeiro de sistemas maioritarios nos que o que gaña por un voto leva os delegados todos do Estado.

A rebelión contra as elites

A decisión plebiscitaria británica de botarse fóra da Unión Europea (“brexit”) veu motivada, en grande parte, por unha propaganda mentireira que prometía un substancial incremento do investimento sanitario se os británicos deixaban de contribuir á Unión. Mais a decisión amosou outras facianas. Na ampla maioría a prol do brexit de tantos condados ingleses e galeses non só hai desinformación e medo. Hai un voto de rebeldía fronte esa minoría que fixa a axenda. Hai un voto contra esa Europa que adhiren as elites da City, mais tamèn os universitarios.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.