Artigos de X.A. Pérez-Lema

O mito da creación de emprego

Unha mentira repetida mil veces remata por se asumir, polo menos por amplos sectores sociais, como unha verdade. Boa parte da opinión publicada madrileña insiste en que o Estado español é líder europeo na xeración de emprego. Segundo estes propagandistas de quenda estaríamos saíndo da crise.

Gañou a vella España

A decisión maioritaria (59 vs 41%) do máximo órgano estatal entre Congresos do PSOE acordando a abstención do seu Grupo Parlamentario para permitir a investidura de Rajoy na segunda votación anuncia a implosión e fragmentación do vello partido socialista, cando non a súa pasokización até a irrelevancia.

Diluindo a corrupción

Vaia por Deus. Correa ía canda o tesoureiro do PP representando a algunha grande empresa que pretendía algúnha importante licitación de infraestruturas nos distintos Ministerios. Ía Barcenas ao Ministerio de quenda e aquelaba o que tiña que aquelar para que a adxudicación correspondente fose para a empresa amiga presentada por Correa. Acadado o éxito, Correa cobraba e llelo daba a Luis Bárcenas. Así até 2004. Claro, resulta que o Goberno Zapatero chegou á Moncloa a mediados de abril dese ano. Ao mellor o fío rompeuse por ese pequeno detalle.

Integrarmos a diferenza

Os valores de inclusión e cohesión social propios dunha sociedade moderna e democrática esixen integrarmos aos diferentes. Nenos e nenas con diversidade funcional, aqueixados de parálise cerebral, síndrome de Down, cardiópatas ou sofridores de doenzas graves non están a ser integrados a xeito no sistema educativo galego. E as súas necesidades tampouco están a se fornecer no noso sistema sanitario.

Portas xiratorias e xarróns chineses

O máximo órgano do PSOE estatal entre Congresos causou a demisión de Pedro Sánchez, ao rexeitar por maioría absoluta a súa proposta para a convocatoria axiña dun Congreso Extraordinario con primarias directas para elixir o novo Secretario Xeral. Os baróns e as portas xiratorias, guiados polo xarrón chinés Felipe González, determinan, outravolta, a caída dun Secretario Xeral elixido directamente pola afiliación.

Perdeu a oposición

Feijóo,máis ca o PP, gañou as eleccións nacionais deste 25-S, revalidando a súa maioría absoluta de 41 sobre 75 deputados e mesmo mellorando a súa porcentaxe (sobe do 45,8% ao 47,5%).

Non está nada decidido

Malia que todas as enquisas publicadas a sete días das eleccións nacionais galegas outórganlle ao PP a maioría absoluta, na banda de entre 38 e 41 escanos, o xogo electoral segue aberto e hai partido. As enquisas coinciden todas cun nível de voto ao PP entre o 43% e o 46,7%, polo que unha meirande mobilización das xeracións novas e intermedias podería producir remudas importantes, na liña das eleccións nacionais do 2005, cando Fraga perdeu a maioría absoluta ou das recentes eleccións estatais de decembro 2015.

Neutralidades que matan

Absterse ou votar en branco son decisións lexítimas. Pero non son, aquí e agora, decisións cívicas, decisións de cidadáns responsábeis. Galicia enfronta unhas eleccións nacionais decisivas, nas que nos xogamos afondar na depresión social, económica e política que presidiu a vida do noso país nos últimos sete anos e medio ou posibilitar unha alternativa plural que tente darlle a volta a un presente no que sobrancea o abandono do territorio e do medio rural, a emigración da xente nova máis cualificada, a falla de oportunidades empresariais e unha ferreña dependencia dun Madrid cada vez máis invasivo, recentralizador e monopolizante.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.