Artigos de X.A. Pérez-Lema

A vontade de ser de Galicia

Estase a converter nun certo lugar común que a conciencia de país de Galicia iría en claro devalo. E que a desaparición fáctica da personalidade de seu de Galicia como pobo diferente sería cousa de poucas xeracións.

Iguais ca todos

As persoas que tivemos a sorte de que nos deran unha educación orientada á liberdade responsábel (“Xoanciño, fai o que ti creas que compre, pero non fagas o ridículo”) sentímonos un pouco roibos coa lectura dos whatss enviados polo Xefe do Estado e a súa dona ao seu común amigo López Madrid.

A lingua e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a medio dunha sentenza profusa, confusa e difusa, ven de estimar parcialmente o recurso contencioso interposto por unha coñecida organización contraria á nosa lingua a respecto da Ordenanza Municipal sobre uso do galego no concello de Lugo, aprobada no 2012 por unanimidade (PP. PSOE e BNG). A sentenza non foi quen a interpretar a xeito os preceptos do noso Estatuto e das nosas Leis de normalización lingüística e de Administración Local de Galicia, creando un perigoso precedente para inviabilizar determinadas medidas de discriminación positiva a prol da nosa lingua, que é a propia do noso País e a que soporta unha moi minorizada posición, alicerzada tamèn por unha insuficiente protección legal.

A viaxe a ningures de Pedro Sánchez

O pacto do PSOE con C´s que aprobou este sábado a afiliación socialista, malia a abstención dunha metade da mesma, constitúe máis un sinal ca un camiño de goberno, xa que está condenado á derrota parlamentaria.

A proposta europea de Varufakis

Malia a presenza do alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, na nosa Galicia non tivo un grande impacto a presentación por parte do antigo ministro de Finanzas grego, Iannis Varoufakis da sùa proposia DIEM25 (“Por unha Europa democrática no 2025”).Unha proposta paneuropea, de estricta participación individual e que proclama a necesidade dun proceso constituínte europeo para garantirmos a transparencia e a democracia na Unión, diante da actual deriva oligárquica e errática que ameaza, segundo o grego con •desfacer Europa e levarnos a unha situción semellante á do fascismo dos anos 30.”.

Electricidade máis barata na Galicia

O Parlamento de Galicia ven de aprobar por unanimidade a toma en consideración dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) promovida polo sindicato nacionalista CIG para facer posíbel unha tarifa eléctrica diferenzada para Galicia, que aforraría nun 30% as chamadas peaxes da enerxía, co que se acadaría para os consumidores galegos unha media dun 12,5% de rebaixa na factura eléctrica. Compre salientar que as peaxes supoñen o 41,5% da factura da luz e o consumo só o 37,5%. O resto son impostos.

O goberno posíbel

Independentemente da aposta do establishment mediático pola gran coalición PSOE-PP (co ramo de Ciudadanos), semella que arestora a única alternativa a unhas novas eleccións neste mesmo semestre é o chamado Goberno de progreso, seica presidido por Pedro Sánhez e vicepresidido por Pablo Iglesias.

A Santa Alianza

Semella que son millóns os cidadáns españois que prefiren o pluralismo á hexemonía e explorar a cultura do compromiso, tan allea á historia de Castela e tan presente noutras mentalidades ibéricas, como a galega, a portuguesa, a vasca ou a catalá.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.