Artigos de X.A. Pérez-Lema

A creba do estado de dereito

A intromisión do Goberno do Estado na administración xudicial está a pór en risco a meirande parte dos controis que nos recoñecen como un Estado democrático de dereito. Intromisión que ten a súa orixe no outorgamento cidadá (novembro 2011) dunha maioría absoluta nas dúas Cámaras estatais, que lle dan ao PP o control dos Poderes lexislativo e executivo estatais. E nos graves defectos da regulación xerada polo PSOE e PP no tempo desque aprobaron a Constitución.

Ollan de máis cara Madrid

Os galegos tendemos ler en boa medida os nosos proprios xornais e sintonizar as nosas proprias emisoras de radio e TV. Quere isto dicir que buscamos informacións e opinións achegadas á nosa realidade. É evidente, xa que logo, que as informacións e opinións elaboradas dende Madrid non enchen a demanda da nosa cidadanía.

Provincias fóra

Louzán destraga 280.000 € dende a deputación pontevedresa en publicidade da volta ciclista, mentres o vello Baltar é condenado penalmente por ter contratado ilegalmente ducias de traballadores para a deputación ourensá. As deputacións manteñen cadanseu presidente, 108 deputados e un aparello custoso sen funcións definidas e sen lexitimidade democrática. O delegado do Goberno do Estado, sen máis funcións coñecidas máis que a xefatura política das policías estatais, mantén catro subdelegados e unha estrutura periférica duplicada e redundante.

A obsesión dos taurinos

Hai dous motivos fundamentais para estar en desacordo coa celebración da feira taurina coruñesa. En primeiro lugar, o concello cede o Coliseum un sábado e un domingo practicamente de balde, pagando con cartos públicos o mantemento, limpeza e acondicionamento, subministracións e máis a banda de música.

O Dereito e a Política

O Dereito e a Política haberían ser útiles aos intereses xerais e boas ferramentas para resolver problemas. Se non os resolven e mesmo se invocan para perpetuar os existentes ou crear outros novos, compre reformalos para súa potencialidade ás demandas sociais.

Os ingleses diante do referendum escocés

A prensa londinense deste domingo recolle a dramática apelación do prime minister Cameron a encher os exteriores das vivendas dos ingleses, galeses e norirlandeses de bandeiras escocesas para “salvarmos a Unión”. Os tres partidos principais (conservadores, laboristas e liberal-demócratas) canda cadanseus líderes (David Cameron, Ed Miliband e máis Nick Clegg) tentan seducir aos indecisos escoceses para votar negativamente á independencia. En troques, prometen unha substancial ampliación do autogoberno escocés no eido fiscal e financeiro.

A decisión escocesa

O reino de Escocia formouse no sèculo IX e mantivo a súa independencia por séculos en loita continua contra Inglaterra. Dende 1603 até 1688 unha dinastía escocesa, os Stuarts, reinou sobre ambos os dous países e esta proximidade incrementou as presiòns anexionistas de Inglaterra. O Parlamento escocés aprobou no 1707 a Unión co reino de Inglaterra no novo Reino Unido. Foi unha decisión impopular, explicábel polos intereses da nunca fiábel aristocracia escocesa, dominante na Cámara e pola carga financeira xerada por unha fracasada aventura colonial no istmo de Panamá.

Unha ruptura institucional

Rajoy ven de confirmar en Soutomaior a decisión do PP estatal de garantirlle as alcaldías ás candidaturas máis votadas. Unha solución formalmente constitucional e que só precisa da reforma da lei orgánica do réxime electoral xeral (LOREX), para o que abonda a maioría absoluta popular en ambas as dúas Cámaras estatais. Pero que conleva, a pouco que se olle para ela, unha auténtica ruptura institucional.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.