Artigos de X.A. Pérez-Lema

A derrota xudicial de ENCE

ENCE vive xa o tempo de desconto. A chamada “Audiencia Nacional” (AN) estimou o recurso do Concello pontevedrés e de Greenpeace (o da Asociación pola Defensa da Ría vaise resolver axiña) e anulou a prórroga até 2073 que lle outorgara en xaneiro de 2016 o Goberno Rajoy cando estaba en funcións. Das resultas desta sentenza ENCE ocupa terreos de dominio público sen concesión válida dende 2018 e ten que marchar da ría de Pontevedra.

Solucionarmos as interinidades delongadas

A expansión obxectiva dos servizos públicos autonómicos e locais (esixencia do Estado do Benestar), canda a normativa estatal que restrinxiu ferreñamente dende a Grande Depresión de 2008 a capacidade das autonomías e concellos para quitar ofertas públicas de emprego xerou o fenómeno das interinidades delongadas.

Igualdade, mérito e capacidade

A Constitución baséase no principio de igualdade de todas as persoas, tamén no acceso á función pública e ao emprego público en xeral.

Freedom for Catalonia

Calquera sabe que os pasados indultos parciais e revogábeis non resolven máis-nin menos- que o inxusto prendemento dos nove presos políticos cataláns que, porén, van seguer inhabilitados e, algúns deles, suxeitos ás actuacións arbitrarias do Tribunal de Contas a respecto de cadanseu patrimonio.

A nosa vocación atlántica

Galicia carece de política exterior dende que goberna Feijóo e isto fainos máis periféricos e máis irrelevantes, pois que a España do réxime de 1978 alicérzase nun grande hub financeiro, institucional e político na rexión madrileña que baleirou a Meseta e vai camiño de baleirar as periferias peninulares. Madrid desfruta das vantaxes todas do efecto capital, de grandes investimentos públicos e do poder rexional para facer dumping fiscal.

A violencia vicaria

O arrepiante crime da illa canaria de Tenerife amosa a necesidade de comprendermos o concepto de violencia vicaria ou violencia por persoa interposta, definida pola psicóloga clínica e forense Sonia Vaccaro como aquela exercida polo home violento contra os fillos e fillas para danar á nai.

Enerxía pública e galega

Enerxía pública e galega, porque o modelo actual é exemplo de depredación oligopólica e explotación colonial.

Indultos? Non, amnistía

Mentres a dereita española, extremista e supremacista, convoca aos seus seareiros á Praza de Colón, canda a bandeira da España única e intolerante, o Goberno do Estado prepara os indultos para os presos políticos. Indultos probábelmente parciais, que lles perdoen os anos de cárcere xustos para que saian axiña do seu inxusto prendemento, malia que seica non resolverá nin a súa inhabilitación para desenvolver cargos e funcións públicas, nin a contía da indemnización de responsabilidade civil polo delicto de malbaratamento dos cartos públicos para o que foron condenados o vicepresidente Junqueras, os conselleiros Forn, Turull, Rull, Romeva e máis a conselleira Bassa, que resolverá o “Tribunal de Cuentas”.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.