Artigos de X.A. Pérez-Lema

A Santa Alianza unionista

Confésolles o meu absoluto abraio. Eu pensaba que nestes tempos de pandemia o importante era a saúde individual e colectiva, como único vieiro posíbel cara a reconstrución económica.

O cárcere dentro do cárcere

A Constitución e a Lei Xeral penitenciaria española recoñecen que o reisertamento social dos penados é a principal finalidade da pena. O Estado español, con case 60.000 persoas presas, ten unha das maiores poboacións penitenciarias europeas cun dos seus menores índices de criminalidade.

E logo non había miragres

Non vou negar unha certa responsabilidade da cidadanía nos altos níveis de afección vírica desta terceira ondada da pandemia.

Aprendermos do de Trump

“...O say, does that star-spangled banner yet wave... over the land of the free and the home of the brave”

Situarmos Pardo Bazán

O proxecto da Xunta de Núñez Feijóo de sobrancear a atención á Pardo Bazán nos contidos futuros do Pazo de Meirás afasta a súa reconciliación coa cidadanía coruñesa e galega que financiou a medio da violencia e intimidación franquistas a merca da propiedade para llela doar ao ditador.

A Monarquía en catro chíos

1.- It is good to be the King. De seguro que bastantes de vostedes lembran aquela peli de Mel Brooks (History of the World) e a vida de desfrute continuo do rei Louis XVI Bourbon, que partillaba o común devanceiro de Louis XIV cos Borbóns españois. Malia que quizais o conto fose máis aplicábel ao propio Louis XIV ou a Louis XV, Mel Brooks pon no Borbon-despois guillotinado- a famosa frase daquela peli: “it is good to be the King ( é bo ser El Rei)”.

O Constitucional racha coa Europa

O Tribunal Constitucional (TC) rexeitou por seis votos contra cinco (o posto duodécimo ficou vacante desque Fernando Valdés demitiu hai semanas) o recurso de amparo do sindicalista galego Paulo Fragoso (CIG) contra da sentenza do Xulgado do Penal nº 1 de Ferrol (confirmada pola Sec. 1ª da Audiencia coruñesa) que o condenara a 1.260 € por un delicto de ultraxes á bandeira do Estado. Cómpre lembrar que en novembro de 2018 caducara o mandato do demitido Valdés e doutros tres maxistrados do TC.

Priorizarmos o eixo atlántico

Nin é a primeira nin ha ser a derradeira vez que se expoña a prioridade do eixo Ferrolterra/Ortegal- A Coruña-Compostela-Arousa-Pontevedra-Vigo-Porto-Lisboa-Sétubal para vertebrar o noso futuro económico. Porque a eurorexión Galicia-Norte de Portugal xunta 6 M de habitantes e algúns dos principais portos de toda a fachada atlántica europea, privilexiados hubs do tránsito marítimo entre a Canle de Panamá e a América atlántica coa Europa atlántica.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.