Artigos de Iván Vaqueiro

A Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade e as oportunidades de Galicia no mundo da lusofonía

Fai xa bastante tempo que a reivindicación dun papel máis importante do galego en relación co mundo da lusofonía deixou de ser un tabú de reintegracionistas no eido lingüístico o político, para converterse nunha aspiración dunha importante parte da sociedade galega que ve en chave de oportunidade, a relación co espazo político, cultural e económico dos países de lingua portuguesa.

Unha urxente axenda reformista para o PSdeG

A Guerra das dúas Rosas que enfrontou durante máis de 30 anos os partidarios da Casa de Lancaster contra os da Casa de York a mediados do século XV, podería servir como bo símil explicativo do que ten acontecido no PSdeG dende o ano 2009, data que marcou o inicio da decadencia da socialdemocracia primeiro en Galicia, e logo en España.

“Primarias á galega”, medallas de ouro e de latón

“Primarias á galega”, medallas de ouro e medallas de latón Anos 90. A época dourada do “municipalismo político”. Esa fina consigna que tiña como obxectivo desartellar nos partidos de ámbito estatal (PPdeG e PSdeG) calisquer discurso en chave galega, como contraposición a uns anos 80 de estatutos, piñeirismos, realidades galegas e traxes de liño branco e bufanda. A Belle Epoque do Vazquismo.