"Sei perfectamente polo que estás a pasar", asegura ao lembrar que as investigacións da xuíz Pilar de Lara que o apartaron da política, e que logo foron arquivadas, partiron dunha denuncia da líder do PP de Lugo, Elena Candia.
O concelleiro de Compostela Aberta, Xan Duro, criticou a "tramitación nada transparente que fixo a Xunta" e como "un proxecto circular e sustentable acabou derivando nunha macroplanta de celulosa"
O ministro de Transportes acende as redes socias ao contestalle a un tuiteiro que criticaba a situación do FEVE ou que para viaxar de Ferrol a Oviedo se tarden 8 horas e 30 minutos.
A maxistrada instrutora estimou proceder contra Baltar ao entender que, aínda aplicando a marxe de erro do 5 % que establece a normativa sobre o resultado do radar, a cifra alcanzaría os 204 quilómetros por hora nun tramo no que a velocidade máxima permitida era de 120 quilómetros por hora, o que ao seu xuízo encaixa nun delito contra a seguridade viaria.
A asociación En-Colectivo ve "cada día máis preto" conseguir que "finalice" o cobro de peaxes e pide "transparencia" ao Goberno.
O Goberno reunirase este mércores 24 de abril na Comisión Sectorial de Infancia e Adolescencia coas comunidades autónomas para tratar cuestións relacionadas con menores migrantes non acompañados.
Este grupo de militantes presentaralle ao secretario xeral dos socialistas galegos un documento titulado 'Apuntamentos para un debate sobre o presente e futuro do PSdeG-PSOE' sobre a posible refundación
A conselleira de Economía censurou a "linguaxe" empregada polo BNG que, apunta, desliza que o proxecto de Altri é unha proposta pública, "cando é privado"
O CIS xa incluíu no seu barómetro de abril unha primeira pregunta directa sobre as eleccións ao Parlamento Europeo, e entón o PP aparecía na cabeza cun punto de vantaxe sobre o PSOE
A secretaria xeral da organización xuvenil, Marta Gómez, denunciou que a mocidade galega leva anos "sufrindo as consecuencias das políticas do sistema capitalista" que, engadiu, obrígaos " á emigración forzosa ou á precariedade máis absoluta".
O Parlamento de Galicia insta á Xunta, cos votos a favor do PPdeG e de Democracia Ourensana, e as abstencións do BNG e PSdeG, a pedir ao Goberno a modificación do decreto polo que se establece o rexistro das granxas avícolas de autoconsumo.
O Partido Popular rexeitou coa súa maioría na Cámara galega a posta en marcha dunha auditoría externa, "a cargo de profesionais independentes", sobre as contratacións de emerxencia efectuadas pola Xunta durante a pandemia derivada da covid-19. "Mentres estabamos confinados, mentres xente arriscaba a súa vida traballando polos demais, había quen aproveitaba para facer negocio desa situación catastrófica", advertiu o BNG.
"O seu obxectivo é facilitar a conciliación das familias que teñen fillos e fillas menores de 16 anos ao seu cargo a través do fomento do emprego de calidade e da posta en marcha de servizos de coidados profesionais", asegurou a portavoz do Goberno e ministra de Educación, Pilar Alegría.