Alfonso Rueda remata coa época Feijóo e deseña un goberno a súa medida na que priman máis os lazos de fidelidade e amistade que os de autoridade. Aposta por cargos políticos máis que por tecnócratas e fulmina o modelo de sucesión instaurado polo seu antecesor.
Ángel Pérez, actual concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez á fronte da alcaldía do municipio lucense tras o seu nomeamento como conselleira de Medio Rural do novo Goberno galego.
O presidente da Xunta di que o seu Executivo está ben "dimensionado" cunha consellería máis e ratifica que haberá "concentracións" noutros departamentos.
O discurso de xuramento ou promesa dos seus cargos estaba sobre o atril, pero non a todos lles acordou que tiñan que deixarllo preparado para o seguinte.
A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS pide que se remate coas listas de agarda en Oncoloxía, o SLG quere que se elimine a burocracia no agro, a Mesa que se active o Plan de Normalización Lingüística e a Confederación de Empresarios de Galicia evitar a saída de talento mozo e paliar a crise no consumo.
O presidente fala de que haberá "concentracións" nalgunhas Consellerías ante a separación doutras. O que si aclarou é que non seguirá os seus pasos en forzar a todos os conselleiros a deixar a súa acta parlamentaria como si fixo o seu antecesor en 2009 (o que lle incluíu a el mesmo).
Comesaña agradece en nome dos conselleiros saíntes a oportunidade de "servir a Galicia". Oito conselleiros xuran e outro catro prometen o cargo. Rueda pídelles "superar" a todos os gobernos anteriores.
O Goberno galego contará desde este luns, unha vez que tomen posesión dos seus cargos, con catro caras novas nun Consello da Xunta que estará encabezado por Alfonso Rueda como presidente e integrado por 12 consellerías que dirixirán cinco mulleres e sete homes.
O BNG cre que o "importante" nun goberno "non son" os nomes das áreas ou dos conselleiros, senón as decisións que toman, as políticas que van levar a cabo e se son en "beneficio" da "maioría da sociedade" ou "irán en contra dela". O PSdeG lamentou que segue habendo "maioría de homes e continúan algúns conselleiros que deberían de estar cesados".
O novo Goberno de Alfonso Rueda despréndese dun modelo acuñado polo seu antecesor, Alberto Núñez Feijóo, a partir do seu segundo mandato, e decidiu eliminar as vicepresidencias, aínda que Diego Calvo mantén as competencias de Presidencia, Xustiza e Deportes, e Ángeles Vázquez será responsable de Medio e Cambio Climático.
Prado reivindica que o partido ten "moitísimos perfís" para acompañar a Rueda no Consello da Xunta: "É a grandeza do PPdeG".
Este recoñecemento, entregado en virtude do compromiso e apoio prestado pola cidade de Lugo a esta entidade desde mediados do século XX, simboliza a colaboración entre a Administración local e a irmandade, apuntan desde o consistorio.
Rodríguez Villarino lamentou que a "historia de éxito" do PSOE estéase "ensombrecendo polo clima de confrontación creado polas dereitas, que manipulan a opinión pública con discursos falaces".